Son muitas as cousas que se poden contar e sobre todo ver do gran Paco Pestana. Xa fai ven tempo queintento seguir que fai, ou en que anda metido. Este extenso artículo sacado do xornal el País, pero obra de Xoán Abelaira, fai un interesante repaso pola súa obra e vida.
Publicado por Xoán Abeleira en Fotografías de meu, da serie “O creador no seu obradoiro” (El País) .
De raparigo, en Peredo, parroquia da Frairía, Paco Pestana endexamais saía da casa sen unha aguillada de abeleira. “Coma os zahorís que embalsaman pozos coas súas mans, agochando das fontes o seu rumor”. Alí, entre os penedos da montaña, “a miña mai aprendeume o xeito de tratar coas cobras. Cando batía cunha, tocáballe a cabeza coa galla, e a becha ficaba paralizada un intre. Asegúrocho! Non sei qué carallo terá esa arbore mais o certo é que funciona.” O seu outro pasatempo preferido era cazar mouchos. E dos mouchos -cousa lóxica- pasou ás tebras. “Deume por persegui-la miña sombra, si, pero endexamais a apresaba! Supoño que por iso, co tempo, devín neste cazador de sombras…”
(máis…)