Posts Tagged ‘frio’

Conta atrás… (V)


2009
03.24

Aprétase a clasificación despois dos resultados desta xornada 26, na que destacaron o Castroverde – Muralla e o Oural – Sagrado Corazón, non muito polo seu futbol, senón pola súa trascendencia.

• Oural – Sagrado Corazón: 1 – 0. Victoria pola mínima e no tempo de desconto. Nun partido feísimo con mui pouco fútbol, falto de intensidade e no que ningún equipo mereceu gañar foi o Oural o que se levou os tres puntos. Nun campo en mellares condicions que noutras ocasions o Sagrado foi buscando o empate e atopouse coa derrota, nun balón colgado(o único recurso dos locais) no último minuto, e que rematou o dianteiro local en posición máis que dubidosa. Aínda así, victoria para o Oural que o sube a terceira praza empatado a puntos co segundo. O sagrado leva xa catro xornadas sen gañar e parece que se desinfla neste tramo final de temporada tan esixente.

Comercial – Río Sil: 2 – 0. Invitado sorpresa para unha das plazas de ascenso a segunda rexional. Cos resultados a favor, a Comercial aproveitou moi ben a súa oportunidade de achegarse os postos de ascenso despois de superar por dous goles a cero a un Río Sil con unha falta de gol alarmante. Foi con oficio como se levou este partido o equipo local, que o pon a tan só cinco puntos da cabeza(con un partido máis), e cun crucial Sagrado Corazón – Comercial na próxima xornada, e que pode resolver quen é o que presenta a candidatura o ascenso.

Calasancio – Lucense: 6 – 0. Na xornada do sábado o Calasancio non se deixou sorprender polo colista e venceu por un claro 6 – 0, aínda que pudieron ser moitos máis. Así, e tamén cos resultados a favor coma a comercial, o calasancio destácase neste grupo XIII. Só unha debacle faría que os de monforte non ascenderan de categoría. O lucense pola súa banda segue de colista, agora destacado despois da victoria do pradeda diante da UD Lugo.

O Friol – Guntín foi suspendido, polo tráxico accidente dos mozos de friol no concello coruñés de Toques cando volvían a casa despois dunha noite de festa. O Friol seguro que lles brindará todalas victorias desta campaña.