Posts Tagged ‘friol’

Remontada o grande


2009
04.13

Resultados
Friol – Castroverde 1 – 3
Calasancio – Oural 2 – 1
Portomarín – Muralla 0 – 2
Antas – Sagrado Cor. 1 – 2

A penúltima xornada será esta:

Próxima xornada
Pradeda-Guntín
Castroverde-Oural
Muralla-Comercial
Lugo-Garabolos
Sagrado Cor.-Calasancio
Río Sil-Rubián
Antas-Friol
Lucense-Portomarín

Partido intesísimo o disputado no campo da Reigosa en Friol, entre o Castroverde e o equipo local, o Friol. Un partido con alternancias e que o Castroverde resolveu con eficacia diante dun rival que deixou moi boa impresión.

Os dous equipos saíron a pola victoria nunha primeira parte na que o Friol encarrilou cun tempraneiro gol despois de golpear nun defensa. Co marcador a favoro Castroverde non cambiou a súa forma de xogar, e pouco despois marca por medio de Marcos. O friol dominiou pero o castroverde puxo as ocasions e os goles. Seguiu coas perigosas saídas, e pouco antes de chegar o descanso, albino falla cando tiña todo a favor cruzando o seu disparo pola dereita. Non fixo o mismo co claro penalti sobre Marcos que supón o un a dous e toda a segunda parte por diante.

Na segunda pouco cambiou o guión e o dominio correspondeu en maior medida ao friol. Chegaba as proximidades do área, pero pouco máis. Nun centro que recolle marcos por alto, no saque seguinte gran xogada, carlos controla e avanza a medio campo, recolle gelo e da un pase medidio a espalda da defensa a Albino que non falla e marca o terceiro. O partido esmoreceu lentamente co friol intentando o empate e o castroverde ampliar a diferencia, como non, a contra.
Despois desta xornada todo segue do mesmo xeito, aínda que con menos marxe de erro para uns e outros.

SD CASTROVERDE: Marcos, Óscar, Juán, Toño, Javi, Marcos Geme, Albino, Manu, Marcos, Richard e Carlos. Tamén xogaron: Bruno, Gelo, Tino, Iván e Pere.

Equipo X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Calasancio 28 20 5 2 76 20 68
2. Castroverde 28 18 4 5 67 31 61
3. Muralla 28 17 6 4 55 18 60
4. Sagrado Cor. 28 17 5 5 42 20 59
5. Oural 28 15 8 4 62 32 55
6. Comercial 28 14 8 6 55 39 50
7. Friol 28 11 7 8 52 33 40
8. Portomarín 28 10 5 12 43 43 35
9. Rubián 28 8 9 10 46 57 33
10. Río Sil 28 8 5 14 23 47 29
11. Antas 28 8 5 14 43 69 29
12. Garabolos 28 7 5 16 36 49 26
13. Guntín 28 5 10 11 30 42 25
14. Lugo 28 6 2 20 38 78 20
15. Pradeda 28 3 6 18 31 60 15
16. Lucense 28 3 4 21 23 84 11


Que pasou en monforte?


2009
03.11

Sorprenden as declaracions de Rafa Casanova, adestrador do Friol, nas que di que o colexiado José antonio Lamas, “Falseou a acta” e que en ningún momento o meu equipo”, octavo clasificado do grupo XII da terceira rexional, “Se retirou do campo,  o propio colexiado foi o que realmente o fixo.

Segundo a acta do partido, “En el minuto 19 de la segunda parte, el capitán del Friol se dirige al colegiado indicándole que se van porque algunos jugadores están lesionados y no hacen uso del derecho a hacer cambios. Acto seguido, abandonan el campo, por lo que me veo obligado a suspender el partido con 1-0

Con este cruce de palabras resúmese un partido que os locais gañaron por un gol a cero. A pesar do raro do asunto, na páxina oficial do club calasancio, na súa crónica semanal non mencionan ao partido da polémica da xornada.

No resto de partidos, destaca unha nova victoria do pradeda, que adianta no duelo de colistas ao Lucense, que perdeu por un contundente 5 – 0 diante do sexto aspirante o ascenso, a comercial, que se atopa a so 7 puntos deses postos.

En oural, o equipo local sufriu máis do previsto, e so puido impoñerse por un  axustado 2-1, diante dun mellorado Antas, pero que non lles sirve os visitantes para romper a súa mala racha de resultados.

Que proveito sacan os concellos afectados


2008
02.27

Hoy se abre el expediente de expropiación de la antigua cárcelHoy se abre el expediente de expropiación de la antigua cárcel

Hoxe ábrese o expediente de expropiación do antigo cárcere. 

O edificio está valorado en 1.550.614 euros, dos cales ao Concello de Lugo correspóndenlle 464.055 euros.

O alcalde de Lugo, José López Orozco, anunciou onte que hoxe se aprobará a apertura do expediente de expropiación do antigo cárcere, cuxa propiedade comparte o Concello de Lugo con outros sete concellos (O Corgo, Castroverde, CárcereCastro de Rei, Friol, Guntín, Outeiro de Rei e Pol) que formaban o antigo partido xudicial.

Orozco explicou que esta decisión, que xa se vía vir desde fai un par de meses, tomouse para facilitar a rehabilitación do cárcere nun centro cultural e subliñou que a valoración económica do edificio, 1.550.614 euros, «non é arbitraria» senón que a fixeron os servizos oficiais de tasación.

A cada un dos membros do antigo partido xudicial correspóndelles unha porcentaxe desa valoración total, que se acordou no momento no que o cárcere deixou de funcionar como tal e en función do que puxo cada un na súa creación. Lugo ten 750 metros cadrados dos 2.250 do total, que se taxaron en 464.055 euros.

Quieren convertirla en un centro cultural.Deste xeito, faltan por expropiar 1.729 metros cadrados, repartidos entre o resto dos concellos. O alcalde lucense xa expuxo esta posibilidade aos outros alcaldes o pasado Nadal, posto que a rehabilitación do cárcere é un dos alicerces do proxecto Urban (fondos europeos para rehabilitar o centro histórico) e o alcalde sostén que esa restauración é máis sinxela se só hai un propietario. «É a mellor maneira de facer vos traballos previstos e conservala non futuro como unha dotación cultural para todas e todos», sinalou o alcalde da capital.

A continuación, apuntou que a palabra expropiación non ten por que ser sinónimo de confrontación. «Non haberá enfrontamento pola nosa parte. Hai un prezo non posto arbitrariamente, senón posto por un taxador oficial, e poderá ser aceptado polos concellos», repetiu pondo como exemplo a actitude do concello ante o expediente de expropiación para construír o polígono industrial nas Gándaras.

Despois do anuncio de expropiación, Orozco púxose en contacto cos outros alcaldes afectados para informarlles da apertura do expediente e tratar de chegar a un acordo. Se non, sinalou, poderán presentar alegacións como en calquera outra expropiación e, se non hai máis remedio, acudir á xustiza.

O alcalde de Friol, o popular Antonio Muiña, lamentou que o Concello de Lugo non acceda a cederlles un “pequeno local”, que era o desexo destes municipios, aínda que se apresurou en anunciar que non farán deste asunto “unha guerra”.

[lang_gl]Está claro que nada van poder facer os concellos afectados, pero que beneficio acadarán? So o económico? Quen xestionará eses cartos? ¿Pareceríavos ben que se comprárades algo, logo uns que no seu día no puideron facer fronte a un ben, cho expropiaran…? Parece algo inxusto que o concello actúa desta maneira, aínda que non lle quedaba outra saída, ou si?

P.D. Que grande o fusilamento de imaxes do ‘panfleto’ 20 minutos, que din que é unha información de Europa press, pero non aparece ningunha foto, e o que fan e que se apropian como súa, dunha imaxe de Pepe Álvez no progreso. Grandes¡¡¡

 P.D. 2. Eu tamén o fago, a diferencia é que cito fontes 😉 [/lang_gl]

[lang_es]Está claro que nada podrán hacer los ayuntamientos afectados, pero que beneficio obtendrán? Solo el económico? Quien gestionará ese dinero? ¿Que tal os sentaría si cuando habeis comprado algo, después de que los que en su día no habían podido hacer frente a un bien, te lo expropiaran…? Parece algo injusto que el ayuntamiento actúe de esta forma, aínda que no le quedaban muchas salidas, o si?

P.D. Que grande el fusilamiento de imagenes del ‘panfleto’ 20 minutos, que dicen que es una información de Europa press, pero no aparece ninguna foto, y lo que hacen es que se apropian como suya, una imagen de Pepe Álvez en el progreso. Grandes¡¡¡

 P.D. 2. Yo también lo hago, la diferencia está en que cito fuentes. ;)[/lang_es]