Posts Tagged ‘garcía juanes’

Juanes, outro reto nos Pirineos


2009
05.28

Desde o pasado 26 de maio Jesús García Juanes ten ante sí outro dos seus retos, aínda que este sin reinvindicación explícita, a Transpirenaica. Desta volta consiste en cruzar os Pireneos desde a costa mediterránea ata a cantábrica en patinete, especialmente diseñado para a ocasión en Finlandia, e no que levará todo o material que precise para poder levar o mellor posible o seu traxecto.

Terá que cubrir uns 1.000 quilómetros de distancia, con varias ascensións a portos de máis de 2.000 metros de altitude, como o de Fuente Dé (un dos máis emblemáticos e turísticos portos de Cantabria), polo que ao final do traxecto terase enfrentado a preto de 23.000 “metros de desnivel acumulado”.

Todo esto é muito máis contao no seu blog, día a día, e detalle a detalle; tamén escribe sobre como foi o preparación, os  ‘apaños’ do seu patinete, e como non poder repasar todalas súas aventuras.

Moita Sorte!

Polos carris bici, 3000 km en patín¡


2008
09.11

Non é a primeira vez que Xesús García Juanes comeza unha aventura así de atrevida. Eso foi o que comezou o 20 de agosto, unha travesía de 3000 quilómetros nun patín adaptado especialmente para poder levar comida, roupa e outros elementos necesarios para esta viaxe. Así pretende chegar a Barcelona o día 22 de septembro, e poder participar no día sen coches. Quere “poñerse guapo”(Podes escoitar as súas declaracions facendo click aquí). Antes pasará por Friburgo(Alemania) e París. Ahhh¡¡ e todo esto para reclamar máis carris bici. Un bo motivo para facer estas ‘tolerias’.

Veremos como vai esta nova aventura, desta volta vestido, e se é capaz de chegar ata o centro de Europa, co patín de fabricación Finlandesa.

As súas protestas máis coñecidas foron algunhas como…
as 200 voltas á muralla de Lugo cando esta aínda non era Patrimonio da Humanidade, para reivindicar a concesión de este status. Máis tarde camiñou entre as catro capitais galegas, como protesta contra as minas antipersoas, e fixo tamén o Camiño de Santiago en sentido inverso, até Roncesvalles, coa ilusión de obter tantas novas doazóns de sangue como quilómetros percorridos.

Esas e outras aventuras empezaron a seguidas os medios de comunicación despois de decidir facelas cun novo elemento moi atrainte: o nudismo. Subiu cun taparrabos ao Pico Cuíña para reclamar a construción de un novo pavillón en Castroverde. Este éxito fixo que decidira repetir e incluso ampliar horizontes, polo que subiu escaso de roupa picos como o Aconcagua ou Kilimanxaro.