En lalín veñense de conceder os Premios da Gastronomia de Galicia. Nel dase conta do bon facer dos cociñeiros, entre eles está María Fouz González de “O recuncho de Pepe e María”, en cobelas que levou o galardón a “Labor de toda unha vida”.
O xurado dos citados galardóns estivo integrado ademais de por José González Solla polo concelleiro de Turismo de Lalín, Nicolás Varela, o presidente do Club Gastronómico Rías Altas, José Martínez Vidal, Enrique Rodríguez, da Asociación Gastronómica Lareira e José Luis Iglesias González, da Asociación Amigos de Cociña de Deza.
Unha vez máis se ven a demostrar o potencial do feito no concello, e asorte que temos de poder disfrutalo. Tamén hai que destacar o premio recibido fai uns meses, polo restaurante “A Lenda”, o “Tenedor de Oro” ao mellor mesón rural, toda unha garantía do bo facer.