A curación mediante ensalmos era ata fai poucos anos unha práctica habitual, especialmente dalgunhas enfermedades ligadas os osos, como son, “da caída da espinilla e a paletilla”. Cuando falamos de “espinilla” referise a un conxunto de vértebras dispostas en fila e cuntas entre sí, formando o eixe do esqueleto e sosteñen o corpo humano. Pola outra banda, co nome de “paletilla” aludimos a cada un dos osos planos que articulan o brazo co hombro. Un dos procedementos más característicos de curación (que recolle Blanco Prado, José Manuel. “Las enfermedades de la vista y de las lombrices en la provincia de Lugo. Ensalmos y rituales etnomédicos”. Culturas Populares. Revista Electrónica 6 (enero-junio 2008)) é o recitado de ensalmos, o que se coñece coma “levantar de palabra”.
En Montecubeiro sentaban o enfermo no suelo. Logo, cos brazos elevados, debían igualalas puntas dos dedos. Finalmente, mentras o enfermo permanecía inmóvil e sentado, recitabase durante sete días seguidos o seguinte ensalmo para conseguir unha total curación:
San Xoán e Santa Ana
tiveron á Virxe María,
dela naceu o noso Señor Jesucristo
que lle levanta a paletilla e espiñela
a (nombre del enfermo),
polo poder de Deus e da Virxe María,
Informante de Montecubeiro (Castroverde).
En San Miguel do Camiño para sanar a espinilla facíase unha pequena cruz sobre a mesma e decíase o seguinte ensalmo:
Ana parió a Santa Ana,
Santa Ana parió a María,
María parió a Jesús.
Como estas tres cousas
son pura verdad,
espinilla vólvete ó teu lugar,
Lucrecia Arias Fernández. De San Miguel do Camiño. De 75 anos.
Comparte o teu ensalmo para a curación dalgunha enfermedade!