Posts Tagged ‘horta’

Atopei unha herba rara


2010
07.31

Inauguración da psicinaHoxe atopei unha herba rara na horta, atopei a evolución da terceira generación de tecnoloxía móvil, atopei internet.
Tiña oído de sempre que nas hortas desta terra, se daba de todo, pero non sabía que chegaría incluso unha conexión HSDPA (High Speed Downlink Packet Access), o paso previo a cuarta xeración, vamos, o último do último nas comunicacions vía móvil. Todo esto gracias a tecnoloxía dun módem ZTE contratado a través do operador Yoigo.
O que non me acaba de cuadrar, é como con apenas cobertura móvil, donde non hai teléfono no mercado que teña aquí cobertura 3G, so UMTS(Sistema Universal de Telecomunicaciones Móviles), a sucesora da GSM(Sistema Global para las

Comunicaciones Móviles), este moden e capaz de conectarse coa última tecnoloxía dispoñible.

A disfrutalo sexa!

Huerta urbana por “UndeTordea”


2009
04.01

Vaia termo se sacaron da manga os “neoecoloxistas”. Veñen reclamando que os espacios urbanos sexan máis abertos con zonas verdes e con pequenas hortas. Incluso se está a pensar en instalar as hortas na cima dos edificios como si tales xardins de babilonia se tratara. Eu podo chegar a valorar a idea como positiva, pero que non veñan a decir das hortas novas pois aínda quedan vellas que moito lles poden ensinar. Interior de cidades, Fontiñas en Lugo,Ronda de Brais en A Coruña…mostran aínda unha paisaxe rural. Esa xente que non quere renunciar o seu traballo a súa forma de vida e que invadidos polo formigón non esquecen aquelas primaveras gloriosas do seu trinco de terra.

O vídeo corresponde as hortas urbanas en Lugo, as beiras do río rato. Para pasar as horas… Pincha na imaxe da galega para velo video.

agalega.info - Videos das noticias dos informativos da TVG