A Comunidade de Aragón ven de por en marcha os novos centros de teletraballo en núcleos rurais da súa comunidade mediante tecnoloxía DELTA. Na actualidade xa existen 5 centros deste tipo, de entre 6 e 18 postos de traballo, situados en Laluenga, Berbegal, El Grado, Castejón del Puente y Pozán de Vero, e dado o éxito da proba, xa se queren ampliar a unhos 20 centros na comarca de “Somontano de Barbastro“. O proxecto sae coa idea de impulsar o desenvolvemento rural, en pequenos núcleos de población.
DELTA é un sistema de teletraballo que utiliza un entorno de división de tareas e telecontrol, permitindo realizar labores administrativas en centros de traballo remoto.
A primeira experiencia realizouse no municipio do “El Grado”, na comarca de Somontano, coa colaboración do Goberno municipal. O proxecto tivo unha duración de un ano e permitiu desenrolar parte da indexación de Rexistros da Propiedade.
Este tipo de proxectos representan unha oportunidade única para poder vivr no rural, e non ter que facer o seu labor profesional nas cidades. Na actualidade, e segundo algún estudio, aproximadamente tres cuartas partes da humanidade viven no mundo rural, no que se require un tercio da enerxía por cápita que require un entorno urbano.
Conclue este estudio, que, “un futuro no que toda a población viva en grandes metrópolis é imposible”, polo alto custe de recursos que esto implica.
Mentras eles fomentan o teletraballo, nos dedicamonos o “Lugo xa conecta”(a través dun bus, claro)…