Posts Tagged ‘la vida puede ser maravillosa’

A vida pode ser maravillosa


2009
10.21

Foi a partir de 1996 cando Andrés Montes comenzou a despuntar no mundo da canasta co inicio das retransmisions da Andre´s montes mateNBA para Canal+ xunto ao inseparable Daimiel.  O seu peculiar estilo facía que os partidos cobraran vida. As súas pegadizas frases e inocentes motes a xogadores e entrenadores (que se inventaba sobre a marcha, se Daimiel sorría el repetía mote, senón descartaba) deronlle o seu oco no mundo do baloncesto. Foi en 2001 cando disfrutei as súas especiais narracions no Amadeus, e desde aquela en canto podo vexo os seus videos.

Podía gustar ou non, pero a naide deixaba indiferente. E aínda que non encontrei o vídeo do autor orixinal, si esta parodia dunhas das súa miticas frases: “Bonilla a la vista!” cando un tiro entraba con moita sorte. Os mellores churros están na coruña, vaias a hora que vaias, decía.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/WlAx8N7YJBo" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

Un ataque o corazón teminou este pasado día 16 coa súa vida, e que a ACB lle impuxo a insignia de ouro. Sen pretendelo  a súa despedida na final do último eurobasket puxo punto e final a súa carreira que sin duda puido ser maravillosa, pero nesta ocasión non puido ser.

Ahí vai o seu primeiro partido:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/NhN1GsqZ7kE" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

A súa despedida da Sexta:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/-AplUrUQPuA" width="425" height="350" wmode="transparent" /]

E os seus mellores momentos:

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/52vVqD6bcBM" width="425" height="350" wmode="transparent" /]