Posts Tagged ‘legalidade’

A Axencia Urbanística controlará as construccions no concello.


2008
12.03

Según publica a voz de galicia, a Axencia de Protección dá Legalidade Urbanística farase cargo do control das construcións no concello de Castroverde. A decisión de adherirse a este organismo da Consellería de Política Territorial foi adoptado por unanimidade no pleno celebrado pola corporación municipal.

Os socialistas rexeitaron unha moción do BNG propondo un regulamento de antenas de telefonía. O alcalde dixo que o plan xeral recolle a normativa estatal e que outros regulamentos non prosperaron.

Así unha vez adheridos á Axencia de Protección da Legalidade Urbanística, os concello delegan as súas competecias municipais de inspección, supervisión, sanción e restablecemento da legalidade urbanística sobre obras e usos do suelo. Velan tamén pola utilización racional do suelo, a ordenación territorial tanto nas zonas rurais así coma no litoral, e tamén toma decisións en torno a adopción de medidas cautelares previstas na Lei do Solo, a instrucción de expedientes sancionadores e o restablecemento da legalidade.

Estas adhesions levan asociado o reparto dos ingresos obtidos polas multas coercitivas e sancions administrativas impostas no exercicio das competencias delegadas, que serán repartidas ao 50% entre a Administración autonómica e os concellos.