Posts Tagged ‘lembranzas’

Calquer tempo pasado foi mellor (porundeTórdea)


2010
03.25

Véndonos no presente a todos nos pasa esto, sobre todo debido á facilidade côa que borramos os malos tragos vividos Tempo(si non foron moi duros, senón apartámolos por un instante).

A min pólo menos si que me pasa e secadra neste momento mais póla melancolía que me abrangue. Véñenme a mente recordos da infancia, ir na busca do mellor “gua” para xogar as canicas cos meus no patio do colexio, as “aventuras” no bus do colexio, un día que fun a Lugo a radio e o profesor coma si se tratase dun guía turístico e nos nunca haber saído da eira da casa levounos polo centro e díxonos o chegar a unha fonte “rapaces, esta fonte bota viño un día o ano”, as tardes de verán no río, os traballos en común cos veciños, como o de empacar e esperando que os maiores tempos de festache mandaran “chama aí do tractor” e o importante que xa te sentías, as horas e horas perdidas dentro do portal do piso “deste editor”, as tardes de “futbolin”, os primeiros paseos na vida nocturna, esa despedida mais que cariñosa nun portal as 8 da mañá, o nerviosismo o presentar un proxecto…

Que tempos aqueles, o certo é que daba algo por abrir unha ventá e ver por un intre aqueles tempos, ate daría aquela cazadora que tanto cariño lle tiña!!!jaja.

Tantos recordos, seguro que agora, si vos parastes a leer esto viranvos lembranzas. Facede o exercicio de pensar un anaco en tempos pasados, e si vos sae compartir esas morriñas facedeo aquí para todos nós.