[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible todavía ver el blog en español. Si estás interesado, puedes colaborar en su traducción, o probar el enlace con la versión original: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/Disculpa las molestias¡ [/lang_es]
[lang_gl] LUGO XA CONECTA, o autobús interactivo do Concello de Lugo estará á porta da túa casa para ensinarche as vantaxes que ofrece a Administración electrónica.
Lugo@vanza é un proxecto de modernización da Administración local do Concello de Lugo en cooperación con Cervantes, Castroverde, e Guitiriz, promovido polo Ministerio de Industria, Turismo e Comercio, para mellorar o servizo á cidadanía e cumprir os dereitos desta de resolver vía Internet os seus asuntos coa Administración.
A campaña estará en marcha ata o 31 de outubro, de luns a sábado, e visitará 130 parroquias para achegar o mundo das novas tecnoloxías ao medio rural.Así que é o momento de que descubras os beneficios que as novas tecnoloxías poden achegarlle á túa vida.En castroverde estarán do 10 ao 20 de setembro en:
Días | Mes | Ubicación |
10, 11, 12 e 13 | Setembro | Centro Urbano (na Praza do Concello) |
15 e 16 | Setembro | Parroquia de Vilabade. Frente á praza da Igrexa e o Pazo de Vilabade |
17 e 18 | Setembro | Parroquia de Montecubeiro (San Cibrao), nas inmediacións da Casa da Cultura |
19 e 20 | Setembro | Parroquia de Miranda |
Resulta curioso, tanto os lugares elixidos, coma que neles non chegou aínda Internet, a pesar do que di algunha páxina do ministerio, no que da por feito a cobertura é total no concello., e de feito eso non é así (Córneas, Masoucos, Furís, etc. etc. e outros moitos sitios que de seguro se me olvidan.)
Castroverde conta con con pouco máis de 3.000 habitantes segundo o padrón municipal de 2004 , repartidos en 37 parroquias.
O datos das parroquias elexidas son(non logro saber o criterio):Montecubeiro 261 habitantes (133 homes e 128 mulleres),Vilabade: 76 habitantes (42 mulleres e 34 homes),Miranda: 69 habitantes (35 mulleres e 34 homes).
Por número de habitantes corresponderíalle a Montecubeiro, Furís e máis a Riomol. O ranking por habitantes e parroquias é este:Montecubeiro 261, Furís 181, Riomol 146, A Meda 132, Moreira 133, A pumarega 98, O Páramo 96, e Rebordaos 93 habitantes.
Por xeografía tampouco me cuadra, xa que vilabade está moi cerca de castroverde, e tamén está cerca Montecubeiro, polo que non debe de ser ningún deses criterios. Se ti que les o blog e o sabes, podes contarnos a razón, ou explicar unha teoría¡¡E xa sabedes, acudide ao autobus interactivo, de seguro que será interesante¡¡¡¡[/lang_gl]