Reconozco, non son fan de Alonso. Caéme mal. Ultimamente un mal resultado, un abandono ou arañar un punto no campeonato do mundo de F1 é un éxito, que digo un éxito, unha proeza e unha fazaña sen precedentes.
Por qué alabar a un piloto que a pesar da súa boa condución, pon outras cousas como disculpa, e non consiga bos resultados? Pobre. Houbo unha época na que tampouco o tiña, (anterior etapa con renault) e gañou dous títulos a pesar do malos que eran, e os malos tornillos. As carreiras nesa época eran mérito unicamente seu, se non o facía era culpa do coche.
Fai ben pouco conducía un coche -galáctico– pero claro, tiña disculpas: facianlle a cama desde dentro, menos “De la Rosa“, claro, había tratos de favor cara o seu compañeiro e máximo rival, e tamén como non, copiabanlle a telemetría para darlle todolos mellores datos o seu fillo predilecto, si, o torpe Hamilton. Pero tamén estaba o Safety Car, que sempre xogaba en contra dos seus intereses, e de Magic Alonso, que impedía unha e outra vez fazañas, remontadas e fitos históricos.
O día que poida aglutinar el o Safety Car, ao tornillos, a telemetría, e o resto de factores que di ter en contra, seguramente volverá gañar, a pesar da súa gran habilidade para pilotar. Ese ano tocalle, seguro!