Posts Tagged ‘mapa’

Onde hai unha estrella?


2009
05.05

Onde hai Estrella (http://ondehaiestrella.com) é unha iniciativa para divulgar aqueles locais do mundo que sirven a cervexa “Estrella Galicia”.
Pois si, xa está inventado, a través dun mapa google, podes engadir o teu local preferido para tomar unha estrella, en calque parte do mundo!  Polo de agora está comenzando, faltan moitos locales en todas as cidades e vilas. Segundo ese mapa e a túa situación( datos facilitados polo proveedor de internet) calculan a distancia ao local máis próximo para tomar a túa estrella.
Contanos se o probas, e os lugares que recomendas… por certo, tamén teñen grupo en facebook!

O que se move… esta semana.


2008
03.25

Madres de Lugo y A Coruña prefieren dar a luz en AsturiasCCD180308Mapas[lang_gl]   Para rematar esta semana, e descansar ata a próxima vou falar do grumir, do PXOM, e de olaya e agapito, un menú a orde do día.

Esta foto que vedes, facilitada pola xunta, son os mapas do documento sobre o grumir(Grupos Municipais de Intervención Rápida ) no que se mostran: 

– No primeiro deles, a cobertura dos parques de bombeiros, que por certo, mostra un aspecto desolador no interior, onde casi ningún concello conta con ese servicio, no mapa a cor gris.

No segundo dos mapas, aparecen os grumir nas vellas localizacións, en azul, e a dereita con coloriños, os grumir que se pretenden crear(en verde menos de 20 minutos intervención rápida, é tanto).

Vamos, unha morea de publicidade case de balde, para todolos xornais. De feito non vira antes ningún dos mapas, pero paréceme incrible o mapa que representa a cobertura ACTUAL dos parques de bombeiros, cunha diferenza interior-costa avismal.

 Con respecto os mapas estricatamente do grumir, as cores representan o tempo que se tardaria nunha intervención rápida. O verde indica, menos de 20 minutos, pero eu apostaría que muitas das zonas onde pon eso, é imposible eses tempos, e non digo xa no concello de castroverde, que tamén, pero en concellos como o cádavo(baleira) ou a fonsagrada, eses tempos son escasísimos. Realmente parece unha medida máis de publicidade que de realidade efectiva.

Ti que cres? No dis nada?

E definitivamente, aprobouse o PXOM do noso concello, non se sabe con que texto finalmente, xa que logo, so se corrixirom os erros detectados pola consellería, pero o texto da resolucion non di nada dos puntos realmente conflictivos. Eu repito, non me quero ver así:

[gv data=”dRB7pduB7mU” width=”425″ height=”350″][/gv]

Por último, falamos dos xa mediáticos Olaya e Agapito, os que lle están quitando o posto a garcía juanes nos máis populares do conello nos medios, xa que desta volta son noticia, non por ter unha filla, que se chamará Ceibe(Parabens), senón por ir ata o hospital de Jarrio, Asturias, para o nacemento da súa filla do xeito máis natural posible:

«O primeiro que fan é poñerche o neno sobre o peito, nada máis nacer, antes de cortarlle o cordón umbilical […] Parir en Jarrio foi unha experiencia incrible, porque trátante como a unha persoa e non como un número, que é o que pasa na maioría dos hospitais galegos». 

Madres de Lugo y A Coruña prefieren dar a luz en Asturias

Podes ler toda a noticia facendo click no enlace, ou preguntandollo a eles mesmo, como lles foi a experiencia, aínda que pola súas facianas parece que bastante ben¡¡¡

Deica Semana¡[/lang_gl]

[lang_es] L siento, este texto no está disponible en castellano, pero puedes colaborar en su traducción. [/lang_es]