| Resultados | |
|---|---|
| Castroverde – Muralla | 1 – 3 |
| Pradeda – Lugo | 4 – 2 |
| Oural – Sagrado Cor. | 1 – 0 |
| Comercial – Río Sil | 2 – 0 |
| Garabolos – Antas | 4 – 1 |
| Calasancio – Lucense | 6 – 0 |
| Rubián – Portomarín | 3 – 3 |
| Friol – Guntín | (Susp) |
A próxima xornada será a seguinte, co desplazamento crucial o campo do Guntín:

| Próxima Xornada | |
|---|---|
| Guntín-Castroverde | |
| Muralla-Pradeda | |
| Lugo-Oural | |
| Sagrado Cor.-Comercial | |
| Río Sil-Garabolos | |
| Antas-Calasancio | |
| Lucense-Rubián | |
| Portomarín-Friol | |
S.D CASTROVERDE: 1-Marcos 2-Manolo-Manolo 3-Óscar 4-Iván 5-Javi 6-Toño 7-Albino 8-Marcos geme 9- Carlos 10-Richard 11-Bruno; 12-Tino 13-Chino 14-Rafa 15-Marcos Veiga 16- Pereira
Gracias de novo a Arsenio Iglesias por unha nova crónica:
Partido importante para os dous equipos o disputado o domingo na Veiga do Olmo; os nosos desperdiciaron un partido que de gañar nos situaría destacados na segunda posición, pero non puido ser, un Muralla ben plantado no campo e cas cousas claras, soupo sacar tallada dun Castroverde que fixo o peor partido da segunda volta, sen asomar en ningún intre ese fútbol combinativo e con rápidos contragolpes que nos acostumou na segunda volta.
O Muralla acadaba cedo o primeiro gol, unha falta ben sacada por Bruno colábase na portería de Marcos, sin que este poidera facer nada por evitalo.
A pesar de ser un partido de escasa calidade, e onde o único que primou foi a forza e a loita dos xogadores poideronse ver catro goles; O Castroverde chegaba a empatar por mediación de Javi na sua especialidade de cabeza tras un córner botado por Richard; este tamén sería protagonista un minuto despoís, balón que perde o borde da área dous rexeites e para dentro, un a dous para o Muralla o descanso.
A segunda parte o Castroverde sae a por o empate, ocasións falladas e o Muralla sentencia con un gol máis a contra. Una boa ocasión desperdiciada para a SD de alonxar a un rival directo, que aínda queda un punto por baixo, despois da victoria por 3-1 dos locais e diante do rubián , no partido aprazado no seu día.
Esperemos que se recupere o rumbo de xogo e resultados nas vindeiras xornadas, cruciais para obter o premio do ascenso, así como recuperar algunha das seis baixas tan significativas que tivo o Castroverde esta xornada.
| Equipo | X. | G. | E. | P. | G.F. | G.C. | Puntos |
|---|---|---|---|---|---|---|---|
| 1. Calasancio | 25 | 18 | 5 | 2 | 63 | 18 | 59 |
| 2. Castroverde | 25 | 16 | 4 | 5 | 60 | 30 | 52 |
| 3. Oural | 25 | 14 | 8 | 3 | 58 | 29 | 52 |
| 4. Muralla | 25 | 15 | 6 | 4 | 51 | 18 | 51 |
| 5. Sagrado Cor. | 25 | 15 | 5 | 5 | 39 | 19 | 50 |
| 6. Comercial | 26 | 13 | 8 | 5 | 52 | 37 | 47 |
| 7. Friol | 24 | 9 | 7 | 8 | 47 | 33 | 34 |
| 8. Portomarín | 25 | 10 | 4 | 11 | 42 | 41 | 34 |
| 9. Rubián | 25 | 8 | 8 | 9 | 43 | 53 | 32 |
| 10. Río Sil | 25 | 8 | 5 | 12 | 22 | 40 | 29 |
| 11. Antas | 25 | 8 | 4 | 13 | 38 | 57 | 28 |
| 12. Guntín | 24 | 5 | 9 | 10 | 29 | 40 | 24 |
| 13. Garabolos | 26 | 6 | 5 | 15 | 33 | 47 | 23 |
| 14. Lugo | 26 | 6 | 2 | 18 | 37 | 72 | 20 |
| 15. Pradeda | 25 | 3 | 6 | 16 | 30 | 52 | 15 |
| 16. Lucense | 26 | 2 | 4 | 20 | 22 | 80 | 10 |

