Aínda non o asumín; Non imaxino como, pero gracias a Lourdes de Onda Cero Lugo, que caeu na fiestra e lle chamou a atención o noso blog, mañá terei a posibilidade de comentar e ser entrevistado no programa local, será arredor das 13.30 no 94.9 da FM.
Foi sen duda unha agradable sorpresa. E para nada esperada. Sigo aínda desconcertado de como chegou a min, e porque elexiu a Fiestra de Masoucos, coa de blogs que hai espallados en internet!!!
So podo decir gracias, é un pequeno premio para o esforzo destes tres (un pouco máis) últimos anos, no que ás veces se fai un pouco ingrato escribir. Como por exemplo cando non hai comentarios, cando parece que as entradas que tanto mimache non teñen a aceptación esperada, cando cometes erros, cando… etc, etc. Por todo esto e por moito máis estou completamente agradecido.
Non quero deixar pasar a ocasión para recordar que este premio extra, forma tamén parte en maior ou menor medida de ‘UndeTordea‘ e as súas ‘verbas falangueiras‘, a ausente ‘Faleieu‘ e a súa ‘Leira Musical‘, ‘Kali‘ e ‘Jose‘ que se asoman a esta fiestra, apoiando e dando a súa sabia opinión. E como fin último a todos os que se pasan, os que comentan, os que leen e xa esperan unha nova entrada, e a todos os que se interesan pola “fiestra de masoucos” : ‘o blog de masoucos, Castroverde’.