Posts Tagged ‘orzamento’

Orzamento municipal 2009


2008
12.02

O pleno do Concello de Castroverde aprobou por maioría o orzamento municipal para o próximo ano, que ascende a 2.368.254 euros. Tamén houbo unanimidade na aprobación do incremento das retribucións dos funcionarios o próximo ano, que será a fixada polo Goberno.

No orzamento de gastos, os de persoal ascenderán, segundo as previsións, a 496.266 euros; os de bens correntes e servizos, a 847.513; en intereses o Concello abonará 12.500 euros e as transferencias correntes suman 24.900. Os investimentos reais, que representan cerca do 40% do orzamento, ascenderán a 942.000 euros; outros 12.000 serán para transferencias de capital e 33.000 para pasivos financeiros.

Con respecto ao orzamento de ingresos, o Concello ten previsto recadar o próximo ano 347.000 euros por impostos indirectos, 36.000 polos directos, en tanto que as taxas e outros ingresos sumarán 193.000. As transferencias correntes doutras administracións sumarán 930.700 euros, que representan o 39,3% do total dos ingresos, en tanto que os de carácter patrimonial serán 19.533 euros. Para rematar, a partida de transferencias de capital será, segundo o aprobado no pleno, de 842.000 euros.

. Esta noticia aparece na voz de galicia… pero mellor que alguén entendido na materia nos explique todas estas inversions, para que todos o podamos entender