Posts Tagged ‘paleolítico’

50 aniversario do descubrimento da cova da valiña


2012
01.25

cova da valiñaFai 50 anos, é de forma accidental, descubriuse en Bolaño o primeiro xacemento paleolíco de galicia, a cova da valiña. Aínda que non foi explorada ata máis tarde, hoxe en día e descoñecida pola gran maioría. Este descubrimento supuxo un impulso para os estudos paleontolóxicos e arqueolóxicos doutras covas lucenses.

A pesar diso, 50 anos despois todo o concello lle sigue dando a espalda a un dos seus monumentos máis importantes. 

Hai cincuenta anos, en 1962, unha voadura con dinamita nunha canteira de pedra calcaria do municipio de Castroverde puxo ao descuberto o primeiro xacemento paleolítico galego situado nunha cova que foi obxecto dunha investigación sistemática. O achado, xa que logo, é o precedente máis destacado das escavacións que se realizan actualmente en diversas cavidades das serras orientais lucenses, que supuxeron un avance importante no coñecemento da prehistoria remota do noroeste.

As escavacións neste xacemento non levarían a cabo ata moito máis tarde, na segunda metade dos anos oitenta. Pero os primeiros materiais arqueolóxicos que proporcionou foron recollidos pouco despois do descubrimento da cova polo entón director do Museo Provincial de Lugo, Manuel Vázquez Seijas, quen foi avisado polos propietarios da canteira, que era explotada con procedementos case artesanais. As pezas consistían en varias azagayas talladas en hastas de cérvidos e un bo número de fragmentos de fósiles de diversas especies animais: oso das cavernas, oso pardo, hiena, reno, raposo, cervo, corzo, xabaril, cabalo… Estes materiais foron depositados no museo lucense e os máis importantes de entre eles están expostos ao público desde hai bastantes anos.

Estudo interdisciplinar

A partir de 1987 levaron a cabo tres campañas de escavación que supuxeron o primeiro estudo interdisciplinar realizado en Galicia dun xacemento prehistórico situado nunha cova. Nestas intervencións utilizáronse á vez métodos de investigación arqueolóxica, paleontológica e edafológica.

Aínda que o xacemento quedara moi danado pola propia explosión que o puxo ao descuberto, os traballos deron como resultado a recuperación de preto dun centenar de artefactos líticos -depositados e expostos no Museo de Prehistoria e Arqueoloxía de Vilalba- e de numerosos fósiles animais. Os datos obtidos nestas investigacións foron difundidos en publicacións científicas e axudaron en gran medida a incrementar o interese polo potencial arqueolóxico e paleontológico das covas lucenses, cuxa exploración se intensificou nas dúas seguintes décadas.