Posts Tagged ‘poesía’

A ESTACIÓN AZUL, premio GALICIA DE COMUNICACIÓN


2008
05.21

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es][lang_gl]

O programa de RNE-Radio 3 “A Estación Azul”, dirixido por Ignacio Elguero, resultou gañador doPresentadores A estacionazul Premio Galicia de Comunicación, na especialidade de radio, pola serie de programas “Encontro coa poesía galega”. Tres programas especiais nos que se deron cita os nomes máis relevantes da poesía galega contemporánea: María do Cebreiro, Suso Pensado, Yolanda Castaño, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza. Xavier Seoane, Chus Pato, Ana Romaní, Pepe Cáccamo, Arcadio López Casanova, Manuel Torneiro. Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel Rivas, Salvador García Bodaño, Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana e Ramiro Fonte…. escritores de distintas xeracións e correntes estéticas que deron testemuño cos seus versos do momento dourado que vive a poesía galega.

Igualmente estivo representado o mundo editorial e contouse cos cantautores galegos Emilio Batallán, Fran Pérez e Xavier Díaz. .

Radio 3, RNEO encontro, celebrado en Lugo, estivo dirixido por Ignacio Elguero, coordinado pola xornalista galega Beatriz Domínguez Cao e contou coa colaboración especial de RNE en Galicia.

Foi inaugurado nas súas distintas sesións polo Presidente da Deputación D. José Ramón Gómez Besteiro; o alcalde de Lugo D. José López Orozco e a Conselleira de Cultura da Xunta de Galicia Dª Ánxela Bugallo, contou coa presenza do ministro de Cultura D. César Antonio Molina, no acto de clausura, que leu dous poemas. . Unhas xornadas que trataron de promocionar a poesía galega, promover o diálogo entre as distintas linguas do Estado, así como fomentar a lectura. Neste sentido, o encontro contou co apoio dos Editores Manuel Bragado (Edicións Estación Azul, Radio 3Xerais) e Carlos Lema (Editorial Galaxia).

Con este evento cultural, considerado histórico polos propios escritores, colaboraron diversas institucións como Ministerio de cultura a través da Dirección Xeral do libro, a Consellería de cultura da Xunta de Galicia, a Deputación provincial de Lugo, o Concello de Lugo, a Vicerrectoría de cultura da Universidade de Santiago de Compostela e a Sociedade Estatal de Conmemoracións culturais.

Fmdo. Faleieu [/lang_gl]