Posts Tagged ‘pontenova’

Contos de Polavila


2010
03.18

Este é un fragmento do documental “Contos de Polavila”, que forma parte da serie “A palabra no tempo”, producida por Nemedón S. L. O documental foi gravado no ano 2001 nos concellos da Pontenova e Riotorto.

Os concellos da Pontenova e de Riotorto posúen un importante patrimonio histórico e artístico, que coma noutros lugares corre o risco de desaparecer. O despoboamento das súas vilas e o dos seu lugares fai que se perdan tamén os contos. As cousas, as mentalidades… todo foi cambiando co paso do tempo. Como di o propio documental , “Se a aldea morre, morren os seus contos. E tamén ó reves. A vida non volverá ser como foi nestes lugares”.

[kml_flashembed movie="http://www.youtube.com/v/_Saf6zd-gMc" width="425" height="350" wmode="transparent" /]