[lang_gl]Veño de ler no progreso, na edición de internet, que se retoman as obras das piscinas de castroverde, si, 14 anos despois, e pasarán por fin a historia fotos coma ésta.
Agardemos que por fin se aranxen¡¡ Agora so falta xente que ás utilice¡ [/lang_gl]
[lang_es] Leo en el progreso, en la edición de internet, que se retoman las obras de las piscinas de castroverde, si, 14 años despoes, y habrán pasado por fin a la historia fotos coma ésta.
Esperemos que por fin se arreglen¡¡ Ahora solo falta gente que las utilice¡ [/lang_es]
A Deputación de Lugo investirá en dous anos preto de 500.000 euros na reconstrución das piscinas de Castroverde, unhas obras que levan catorce anos paradas, segundo anunciaron o presidente do ente, José Ramón Gómez Besteiro, e o deputado de Cultura e Deportes, Antonio Veiga Otero.
O presidente expresou o “compromiso serio” da Deputación con este proxecto, para saldar “outra das débedas históricas que había” cando a coalición PSOE-BNG chegou ao goberno provincial. Segundo Antonio Veiga, “é un acto de xustiza e unha débeda histórica realizar unha actuación sobre as piscinas de Castroverde, unha intervención demandada á Deputación dende hai anos tanto polo alcalde como polos concelleiros do BNG”.
As obras terán un custe concreto de 470.000 euros, en dúas anualidades, e serán licitadas este ano.
Os dous representantes da Deputación foron recibidos polo alcalde, José María Arias, quen sinalou como obxectivos para este mandato a construción do parque empresarial e a mellora nas comunicacións entre a capitalidade do concello e a rede de vías provinciais.
As piscinas, segundo comprobaron Gómez Besteiro e Veiga Otero, están totalmente abandonadas dende que en 1994 se paralizaron as obras, polos importantes defectos que presentaba a construción.
O alcalde salientou que se trataba dunha visita histórica por parte dos responsables do goberno da Deputación xa que Castroverde fora “un concello castigado durante anos” pola entidade provincial á hora do reparto de fondos.