[lang_gl] Para rematar esta semana, e descansar ata a próxima vou falar do grumir, do PXOM, e de olaya e agapito, un menú a orde do día.
Esta foto que vedes, facilitada pola xunta, son os mapas do documento sobre o grumir(Grupos Municipais de Intervención Rápida ) no que se mostran:
– No primeiro deles, a cobertura dos parques de bombeiros, que por certo, mostra un aspecto desolador no interior, onde casi ningún concello conta con ese servicio, no mapa a cor gris.
No segundo dos mapas, aparecen os grumir nas vellas localizacións, en azul, e a dereita con coloriños, os grumir que se pretenden crear(en verde menos de 20 minutos intervención rápida, é tanto).
Vamos, unha morea de publicidade case de balde, para todolos xornais. De feito non vira antes ningún dos mapas, pero paréceme incrible o mapa que representa a cobertura ACTUAL dos parques de bombeiros, cunha diferenza interior-costa avismal.
Con respecto os mapas estricatamente do grumir, as cores representan o tempo que se tardaria nunha intervención rápida. O verde indica, menos de 20 minutos, pero eu apostaría que muitas das zonas onde pon eso, é imposible eses tempos, e non digo xa no concello de castroverde, que tamén, pero en concellos como o cádavo(baleira) ou a fonsagrada, eses tempos son escasísimos. Realmente parece unha medida máis de publicidade que de realidade efectiva.
Ti que cres? No dis nada?
E definitivamente, aprobouse o PXOM do noso concello, non se sabe con que texto finalmente, xa que logo, so se corrixirom os erros detectados pola consellería, pero o texto da resolucion non di nada dos puntos realmente conflictivos. Eu repito, non me quero ver así:
[gv data=”dRB7pduB7mU” width=”425″ height=”350″][/gv]
Por último, falamos dos xa mediáticos Olaya e Agapito, os que lle están quitando o posto a garcía juanes nos máis populares do conello nos medios, xa que desta volta son noticia, non por ter unha filla, que se chamará Ceibe(Parabens), senón por ir ata o hospital de Jarrio, Asturias, para o nacemento da súa filla do xeito máis natural posible:
«O primeiro que fan é poñerche o neno sobre o peito, nada máis nacer, antes de cortarlle o cordón umbilical […] Parir en Jarrio foi unha experiencia incrible, porque trátante como a unha persoa e non como un número, que é o que pasa na maioría dos hospitais galegos».
Podes ler toda a noticia facendo click no enlace, ou preguntandollo a eles mesmo, como lles foi a experiencia, aínda que pola súas facianas parece que bastante ben¡¡¡
Deica Semana¡[/lang_gl]
[lang_es] L siento, este texto no está disponible en castellano, pero puedes colaborar en su traducción. [/lang_es]