Posts Tagged ‘rafa casanova’

Que pasou en monforte?


2009
03.11

Sorprenden as declaracions de Rafa Casanova, adestrador do Friol, nas que di que o colexiado José antonio Lamas, “Falseou a acta” e que en ningún momento o meu equipo”, octavo clasificado do grupo XII da terceira rexional, “Se retirou do campo,  o propio colexiado foi o que realmente o fixo.

Segundo a acta do partido, “En el minuto 19 de la segunda parte, el capitán del Friol se dirige al colegiado indicándole que se van porque algunos jugadores están lesionados y no hacen uso del derecho a hacer cambios. Acto seguido, abandonan el campo, por lo que me veo obligado a suspender el partido con 1-0

Con este cruce de palabras resúmese un partido que os locais gañaron por un gol a cero. A pesar do raro do asunto, na páxina oficial do club calasancio, na súa crónica semanal non mencionan ao partido da polémica da xornada.

No resto de partidos, destaca unha nova victoria do pradeda, que adianta no duelo de colistas ao Lucense, que perdeu por un contundente 5 – 0 diante do sexto aspirante o ascenso, a comercial, que se atopa a so 7 puntos deses postos.

En oural, o equipo local sufriu máis do previsto, e so puido impoñerse por un  axustado 2-1, diante dun mellorado Antas, pero que non lles sirve os visitantes para romper a súa mala racha de resultados.