Posts Tagged ‘recibimento’

Honores para unha futura campiona¡


2008
07.22

A�da no triatlon de Vigo Creo que é a primeira vez que estou de acordo con algún titular do diario, 20 minutos, e é que di: “Lugo recibe con honores a la triatleta Aida Valiño, subcampeona de Europa sub 23”

Así foi, Xosé Antón Bao recibiu a subcampiona de Europa sub 23 de Triatlón, da que dixo que  “levará a bandeira do deporte lucense e do deporte galego por todo o mundo”.

Aída dixo estar “moi agradecida” polo recibimento e a felicitación e remarcou que seguira a “loitar” para conseguir aínda mellores resultados e poder estar así “nas seguientes olimpiadas” en Londres 2012.

Despois do recibimento chegou o que mellor se lle da, competir. Arrasou na proba feminina do vixésimo triatlón do Miño, cun tempo de 1.06.53 horas para levarse o triunfo absoluto e sub-23. O segundo posto ocupouno Saleta Castro, con 1.08.14 horas e o terceiro lugar ocupouno Cristina Piñeiro, do Tríatlon Carballo, con 1.31.27 horas.

Non foi a única victoria de Aída senón que tamén se impuxo, fai unhas semanas no Triatlón de Vigo. Esta competición discurría sobre distancia sprint é decir (750 metros de natación, 20 km de ciclismo e 5 km de carrera a pie). Subiu acompañada o podio, pola albaceteña Ana López.

Para ver as estatísticas completas do triatlon no río miño… que mellor que utilizar os tempos do amigo junquera novo, non? http://www.championchipnorte.com/externos/20080719213729_XX_TRIATLON_DO_MINO._FEMENINO/femeninoA.htm