Posts Tagged ‘Ricardo Polín’

O camiño primitivo busca o recoñecemento da Unesco


2012
06.02

Gracias a Manuel P, que nos envia un interesante artigo sobre a posibilidade de que a Unesco admita o ‘Camiño Primitivo‘ como patrimonio da humanidade.

Camino Primitivo. Fue el utilizado por los primeros devotos, llegados del naciente reino asturiano. Se trata del primer itinerario jacobeo, de ahí su actual denominación, "Camino primitivo o de Oviedo". Esta ruta fue seguida posiblemente por el rey Alfonso II el Casto, desde la capital del reino astur, en Oviedo, hasta la tumba de Santiago, en el primer tercio del siglo IX.O Camiño Primitivo na súa orixe foi o utilizado polos primeiros devotos, chegados do nacente reino asturiano. Trátase do primeiro itinerario xacobeo, de aí a súa actual denominación, “Camiño primitivo ou de Oviedo”. Esta ruta foi seguida posiblemente, aínda que sen confirmación histórica, polo rei Alfonso II o Casto, desde a capital do reino astur, en Oviedo, ata a tumba de Santiago, no primeiro terzo do século IX.

 

A UNESCO recibiu a candidatura das rutas xacobeas do Camiño de Santiago do Norte recentemente –é a única proposta de España en 2012 para converterse en Patrimonio Mundial– e solicita agora máis información para valorar a iniciativa, que afecta a Galicia e outro cinco comunidades, que levan dende 2006 preparando esta iniciativa.

O Camiño Primitivo, pola súa banda, tivo na cidade de Oviedo o seu principal punto de orixe, pero foi seguido tamén por peregrinos doutras partes do norte de España e de Europa. Foi posiblemente un itinerario seguro e frecuentado ata que xa en pleno século X consolídase o actual Camiño Francés desde León, a nova capital do Reino.
É precisamente o Camiño Francés o que xa conta coa declaración de Patrimonio Mundial.

Un dos puntos máis polémicos é a delimitación dos camiños e as distintas alternativas, donde se deberá chegar a un acordo cos concellos e asociacións para incorporar o informe. Neste posible informe pode figurar ‘Santiago de Masoucos‘, que a pesar de non ser paso frecuente de peregrinos, si parece probable que nalgún momento fora lugar de paso dos peregrinos.

Na próxima entrada, e ao fío do camiño presentareivos a ‘Elena’, unha rusa en Masoucos.

Entrevista con Ricardo Polín


2008
11.12

Primeira das tres entregas da que consta esta miniserie de artigos. Esta primeira unha entrevista a Ricardo Polín, para coñecelo un pouco mellor, neste artigo da voz de galicia e na que fai unha proposta para o nome do colexio ao que parece que lle andan a buscar nome. Na segunda entrega, mañá, unha biografía desa persoa. E a terceira entrega, a votación e as opinions de que che parecería ese nome para o CPI de Castroverde.

Comezamos¡ Este profesor, investigador, historiador e escritor centrado nos estudos filolóxicos e literarios, a etnografía e o Camiño Primitivo. As súas grandes pasions son o eixo da súa obra, a deste escritor e profesor nado entre os ríos Chamoso e Azúmara, na parroquia de Meda.

Ricardo Polín, que ademais de escritor e investigador sigue compatibilizando as súas clases no campus de Lugo e nun Instituto de Vilalba, dise moi marcado polo lugar onde veu ao mundo, santa María de Pena de Castroverde, especie de epicentro fluvial do que parte un río cara a Terra Chá e outro cara para o Corgo e Láncara. Tamén é parroquia de tradición musical e que sempre valorou moito a cultura. «Nun lugar campesiño, hoxe hai cando menos un titulado universitario en cada familia».


Ricardo polín «Estamos fóra da nosa órbita, que é a tradición galego-portuguesa»

Engarza perfectamente a filoloxía, a literatura, a etnografía, o Camiño Primitivo e a recuperación da memoria histórica. «Un dos autores dos que conseguir recuperar a obra completa, que estaba perdida, é o poeta da Terra Chá Francisco de Fientosa, que foi asasinado en Aravaca con so 24 anos en 1936, pouco despois de Lorca, do que era fiel seguidor. Está agardando tamén unha investigación, porque sería conveniente saber onde está»

-¿É un paralelismo grande con García Lorca?

-É un paralelismo moi grande, tanto na vida como na morte. Foi un home que seguiu o estilo de Lorca marcadamente e nomeadamente no mundo da poesía, que rematou cunha morte parella a do poeta andaluz e moi próxima no tempo. Era unha persoa que tiña un futuro brillante no mundo das letras e un dos seus libros fora prologado por Ramón Cabanillas, que era unha institución.

-¿Que é fundamental para manter a cultura propia?

-É moi importante non perder os sinais de identidade, saber ben onde estamos, e sobre todo, non pensar que a cultura urbana ten un peso específico maior que a cultura rural da que vimos. Iso ten sido nefasto nalgúns momentos.

-Vostede centrou os seus estudios en etapas moi concretas pero tamén moi distintas da literatura galega.

-Non sei se foi causal ou se foi o meu destino, pero téñome movido moito polos buratos negros da nosa historia e polos momentos que temos identificado peor, que están desvaidos ou mesmamente que se nos teñen ocultado. Por exemplo, a última etapa do noso medievo é o momento máis catastrófico para a nosa tradición literaria. Tamén me teño movido bastante no campo da literatura galega que se ten feito no século XIX fóra de Galicia, como as tertulias de galegos en Madrid, Curros, etcétera; e téñome movido bastante no mundo dos autores que teñen padecido persecución na posguerra e dos que se ten perdido a súa obra. Teño preparada, e espero que non tarde en saír, toda a obra completa dun autor pastoricense, moi significativo da posguerra: Manuel María González, compañeiro de Manuel María da Terra Chá, morto en Tetuán e do que recuperei a obra completa.

-¿Por que nun determinado momento se perdeu o galego nas clases dominantes en Galicia e non ocorreu o mesmo en Cataluña?

-Aquí colleunos o tránsito cara o dominio de Castela nun momento no que a burguesía galega non estaba afincada e moi rapidamente os nobres galegos foron substituídos por outros traídos de fóra. Ese paso foi decisivo na nosa historia lingüística e cultural, porque se nos ofreceu un modelo alleo. A partir dese momento o prestixio identificábase sistematicamente cos nobres chegados da outra banda.

-¿E xa non se rompeu esa situación?

-Non, e esa é unha das miñas teimas. O noso país quedou a contrapé; estamos fora da nosa órbita histórica e cultural, que é claramente é a tradición galego-portuguesa. O poderoso brazo creativo do Miño e do Douro quedou roto.