Posts Tagged ‘sd antas’

Victoria de novo


2009
02.26

Resultados
Lugo – Sagrado Cor.       0 – 1
Muralla – Río Sil             3 – 0
Castroverde – Antas 8 – 2
Pradeda – Lucense         1 – 2
Oural – Portomarín         3 – 3
Comercial – Friol            4 – 4
Garabolos – Rubián        1 – 3
Calasancio – Guntín       2 – 0


Próxima xornada
Guntín-Lugo
Sagrado Cor.-Muralla
Río Sil-Castroverde
Antas-Pradeda
Lucense-Oural
Portomarín-Comercial
Friol-Garabolos
Rubián-Calasancio

Partido disputado na Veiga do Olmo, onde o Castroverde se xogaba moito máis que tres puntos fronte unha SD Antas sen obxetivos claros para este fin de tempada.

No primeiro cuarto de hora, xa estaba setenciado o partido, cun claro catro a cero. Abriu a lata Richard, e co segundo se Juan o Antas veuse abaixo e non deu señais de vida.

Na segunda parte máis do mesmo, catro goles e o resultado final de 8-2. Clara victoria dos verdes que os manten nos postos de arriba, despois do segundo tropezo consecutivo do Ourol, que parece que se desinfla. Destaca tamén o duelo de colistas a favor do lucense, e pasa o testigo o Padreda.

A próxima xornada, trae un interesante sagrado corazón – muralla, primeiro contra segundo, ademáis do derbi local entre o rubián e o calansancio. O castroverde desprazarase ata o campo da Carqueixa para enfrentarse ao Rio Sil.

Castroverde: 1.Chino, 2.Bruno, 3.Òscar, 4.Pèrez, 5.Javi, 6.Héctor, 7.Albino, 8.Juán, 10.Ríchard, 11.Marcos, y 9.Carlos. Tamén xogaron Antonio, Tino, Rafa e Iván.
Antas: Brais, Alvite, Nando, Cin, Juan Carlos, Rolo, Santi, Diego, Chiqui, Antas y Víctor. Tamén xogou Santi.
Árbitro: Diego García Puentes (Lugo).

A clasificación queda:

Equipo Xo. Ga. Em. Pe. G.F. G.C. Puntos
1. Sagrado Corazón 21 14 3 4 35 16 45
2. Muralla 21 13 5 3 43 15 44
3. Calasancio 20 13 5 2 47 18 44
4. Castroverde 20 13 3 4 50 24 42
5. Oural 21 10 8 3 48 27 40
6. Comercial 21 9 7 5 40 34 34
7. Rubián 20 8 7 5 37 34 31
8. Portomarín 21 9 3 9 36 33 30
9. Río Sil 21 8 5 8 21 28 29
10. Friol 21 7 7 7 38 31 28
11. Antas 21 7 4 10 34 49 25
12. Guntín 21 3 8 10 22 37 17
13. Lugo 21 5 2 14 28 55 17
14. Garabolos 21 4 4 13 24 40 16
15. Lucense 21 2 4 15 20 60 10
16. Pradeda 20 1 5 14 22 44 8

Victoria máis dura do experado.


2009
02.21

Resultados
Guntín – Sagrado Cor. 0 – 0
Río Sil – Lugo 1 – 0
Antas – Muralla 1 – 5
Lucense – Castroverde 1 – 4
Portomarín – Pradeda 5 – 1
Friol – Oural 3 – 1
Rubián – Comercial 3 – 4
Calasancio – Garabolos 3 – 1

A próxima xornada:


Próxima Xornada
Lugo-Sagrado Cor.
Muralla-Río Sil
Castroverde-Antas. Domingo 22 – 16.15
Pradeda-Lucense
Oural-Portomarín
Comercial-Friol
Garabolos-Rubián
Calasancio-Guntín

E a clasificación despois do tropezo do Oral na casa do Friol queda:

Equipo X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Sagrado Cor. 20 13 3 4 34 16 42
2. Muralla 20 12 5 3 40 15 41
3. Calasancio 19 12 5 2 45 18 41
4. Castroverde 19 12 3 4 42 22 39
5. Oural 20 10 7 3 45 24 39
6. Comercial 20 9 6 5 36 30 33
7. Río Sil 20 8 5 7 21 25 29
8. Portomarín 20 9 2 9 33 30 29
9. Rubián 19 7 7 5 34 33 28
10. Friol 20 7 6 7 34 27 27
11. Antas 20 7 4 9 32 41 25
12. Guntín 20 3 8 9 22 35 17
13. Lugo 20 5 2 13 28 54 17
14. Garabolos 20 4 4 12 23 37 16
15. Pradeda 19 1 5 13 21 42 8
16. Lucense 20 1 4 15 18 59 7

Enfrentabanse dous equipos moi distanciados na táboa. O último recibia ao quinto, pero a diferencia na clasificación non se fixo patente ata ben entrada a segunda parte.
Na primeira parte, o lucense saiu ben plantado cun campo estreito e as liñas xuntas, o centro do campo contivo en todo momento ao ataque visitante, que estivo bastante desacertado nesta primeira metade. Así co paso dos minutos o lucense gañou en confianza e nunha falta algo escorada a esquerda chega o primeiro gol, despois dun rexeite de chino a disparo de julio que o dianteireo local non perdoa. Ventaza local que pouco duraría, xa que unhos minutos despois e nun centro de gelo, o mellor da sd ata o momento, Marcos V. empata o partido aproveitando o rexeite do longueiro a disparo de toño debaixo da liña de gol.
A sd seguía co seu dominio, pero a autoexpulsión de Gelo, o mellor ata o momento, propiciou a superioridade numérica dos locais.

Na segunda metada máis do mesmo, ataque visitante e resitencia local. Rompeuse o partido coa saída de carlos por Richard, con máis frecura no ataque, chegou o segundo visitante, despois dunha xogada, precisamente de carlos, que albino remata a gol. Este gol rematou coa resistencia do lucense, e así de novo carlos fixo o terceiro.
O cuarto obra de sentenciou un partido máis complicado do esperado, aínda así tres puntos máis que nos acercan o ascenso.

S.D. Castroverde: 1.Chino, 2.Juan, 3.Oscar, 4.Pere, 5.Javi, 6.Marcos, 7.Albino, 8.Toño, 9.Marcos V. 10.Richard, 11.Gelo. Tamén xogaron: Carlos, Bruno, Rafa, Manolo e Tino.