Posts Tagged ‘sen fronteiras’

Aduaneiros sen fronteiras vs Yolanda castaño (e II)


2007
10.22

Todo comezou ca noticia dada en chuza. Comezou o blogmillo a movilizarse, e foi andres milleiro un dos primeiros en facelo, xa que creou a web, www.todossomosaduaneiros.com.

A partir de aquí diferentes posicionamentos con, eu son, eu non son, aduaneirosenfronteiras. Ti sabes se es aduaneiro? Vamos cunha axuda:

Como xa dixen antes, andres milleiro, é aduaneiro, e pola outra banda, a dos que non son aduaneiros, marcus di que non é aduaneiro. Un dos blogs que leo normalmente, marcus, di que defende as dúas posturas, pero que non se suma a iniciativa de andrés, aínda que o mércores 17 se mostraba algo máis crítico ca ‘poetisa’ YC.

Despois de que a ‘poetisa’ fixera algún que outro amigo ca noticia ‘de abrazar a Diaz Pardo a traballar para os seus detractores’  non lle foi de mal en peor como era de esperar. Non, non lle pasou eso, e aínda que a maioría do blogmillo está en contra, usando incluso o humor do mítico gila, hai de todo, e con distintas opinions.

Nos xornais dixitais pódense ler distintas opinions, así no correo, o primeiro en facer pública a noticia, titulaa, ‘harakiri satírico’, e en vieiros pódese ler que ‘aduaneiros botan o fecho’.

Non foi o punto final, xa que yolanda castaño contraatacou cunhas declaracións acusando a aduaneiros de ‘facerse os mártires’.  As declaración fóron éstas: “publicación dalgúns comentarios zafios, soeces e gratuítos con insultos e inxurias, que acompañaban á caricatura os sete meses que estivo na web“.

Logo de agardar para ver se “retiraban eses insultos“, dirixiuse ao seu avogado, Pablo Carvajal de la Torre, para que enviase un correo electrónico ó portal no que se lles “convidaba de maneira amigable -di Castaño- a retirar os comentarios gratuítos“. Afirma que “estaría disposta a que se deixase no portal a caricatura e o resto dos comentarios pero non os insultos“.

A réplica de aduaneiros que non se fixo esperar, que tamén a podes ver no xornal, di: un “ataque furibundo: decidían pechar“, algo que, en opinión de Castaño, “xa o tiñan pensado facer antes e aproveitaron para culparme do seu peche total, erixíndose en mártires“.

Castaño nega que se lles ameazase cunha “demanda xudicial, senón que se lles convidou a quitar eses comentarios pero eles déronlle a volta á tortilla“. Valora “o traballo e o sentido do humor dos Aduaneiros, así como o exercicio da liberdade” de expresión pero “non que se me ataque ou insulte“.
Podes pinchar eiquí  para ver o segundo comunicado dos aduaneiros e a carta remitida a éstes últimos polo señor avogado, Dom Pablo Carvajal de la Torre.

Tamén outras publicación se fixeron eco da noticia, tanto nacionais, el pais, nas redes sociais, tanto meneame, nesta primeira entrada, como esta outra. En chuza fanse eco da nova, a primeira e despois outras, coma ésta.

Na internet, blogs coma manuel gago, onde se fai o exceptico e nombra outra entrada, onde critica máis duramente o peche de aduaneiros e o amedrentamento dos ‘probiños adueneiros’ . Tamén destaca o cadanseu minuto de gloria que finalmente atoparon, e que éste pobriños ‘ non coñecen máis fronteiras cas do medo á xustiza, polo visto.’ xa que ningún ‘picapleitos’ debería poder pechar unha web. Como remate a anotación, di esta web que ‘a grandilocuencia coa que redactaron o comunicado público de peche da web tampouco é moi propia de quen di cultivar o humor’. 

Outra das entradas preferias que eu atopei, foi ésta, na que di como conclusions, que ‘Pobre Yolandiña non sabe que os seus actos lle están a causar máis problemas e por exemplo na páxina de Chuza estanse batendo records’, ainda que o interesante é o comentario que di: ‘Sargadelos é unha empresa privada con ánimo de lucro e polo que sei por fontes fiables e coñecedoras da realidade da empresa dende dentro’.

Chegando o fin estamos, e so quero mencionar agora, dous blogs máis, un unha reflexion e outro, unha carta aberta, titulada ‘Un erro non amaña outro erro’ de calidonia.

 En fin, que cadaquen saque as súas propias conclusions, do que non hai dúbida e de que o tema continuará, non sabemos moi ben cara onde pero seguiremos atentos. Continuará…

?’aduaneiros sen yolanda, castaño sen fronteiras’¿