Posts Tagged ‘sober’

Victoria e promoción de ascenso


2009
03.03

Resultados
Guntín – Lugo 3 – 2
Sagrado Cor. – Muralla 2 – 0
Río Sil – Castroverde 0 – 2
Antas – Pradeda 1 – 0
Lucense – Oural 0 – 2
Portomarín – Comercial 1 – 2
Friol – Garabolos 3 – 0
Rubián – Calasancio 0 – 3

a próxima fin de semana xogaranse os seguintes partidos; onde destaca a visita do lider a Veiga do Olmo.

Próxima Xornada
Muralla-Lugo
Castroverde-Sagrado Corazón
Pradeda-Río Sil
Oural-Antas
Comercial-Lucense
Garabolos-Portomarín
Calasancio-Friol
Rubián-Guntín

Victoria da SD Castroverde no campo da Carqueixa por cero goles a dous, diante dun Rio Sil que pelexou, pero non foi quen de poñer en apuros a portería visitante.

Nunha primeira parte intensa, o Castroverde dispuxo das mellores ocasions nun partido, que como anécdota, contou coa presencia de dúas árbitros auxiliares, cousa pouco frecuente na terceira rexional, que axudaron ao árbitro principal, que levou sen problemas o partido.

O primeiro gol, foi cun pase de Richard que Albino a trompicons se leva e marca por iba o porteiro local. Un a cero e partido encarrilado na primeira media hora. Dez minutos máis tarde a sentencia por parte de Marcos, o mellor do partido, que con velocidade encara a portería e cun tiro cruzado marca o segundo.

A segunda parte non tivo historia, e o Rio Sil intentou ir ao ataque no pequeno campo da carqueixa, pero non foi posible. As mellares ocasions foron de novo para o Castroverde, nas botas de Albino cun disparo ao longueiro, e tamén nas de Gelo, que disparou axustado pero non atopou portería.

Con esta nova victoria, o Castroverde súbese os tres primeiros postos que dan dereito o ascenso a segunda rexional. O próximo partido, na casa o domingo, e diante do lider, o Sagrado Corazón.

S.D. Castroverde: 1-Marcos I, 2-Óscar, 3-Bruno, 4-Pere, 5-Juán, 6-Toño, 7-Albino, 8-Marcos II, 9-Carlos, 10-Richard, 11-Gelo. Tamén xogaron Manolo, Tino e Iglesias.

Equipo(Clasificación) Xo. Ga. Em. Pe. G. F. G. C. Puntos
1. Sagrado Corazón 22 15 3 4 37 16 48
2. Calasancio 21 14 5 2 50 18 47
3. Castroverde 21 14 3 4 52 24 45
4. Muralla 22 13 5 4 43 17 44
5. Oural 22 11 8 3 50 27 43
6. Comercial 22 10 7 5 42 35 37
7. Friol 22 8 7 7 41 31 31
8. Rubián 21 8 7 6 37 37 31
9. Portomarín 22 9 3 10 37 35 30
10. Río Sil 22 8 5 9 21 30 29
11. Antas 22 8 4 10 35 49 28
12. Guntín 22 4 8 10 25 39 20
13. Lugo 22 5 2 15 30 58 17
14. Garabolos 22 4 4 14 24 43 16
15. Lucense 22 2 4 16 20 62 10
16. Pradeda 21 1 5 15 22 45 8

Victoria contra o único invicto, ata esta xornada


2008
11.03


Resultados
Lugo – Guntín 2 – 2
Muralla – Sagrado Cor. 1 – 0
Castroverde – Río Sil 3 – 0
Pradeda – Antas 2 – 3
Oural – Lucense 6 – 0
Comercial – Portomarín 2 – 0
Garabolos – Friol 1 – 3
Calasancio – Rubián 1 – 1

Próxima Xornada
Lugo-Muralla
Sagrado Cor.-Castroverde
Río Sil-Pradeda
Antas-Oural
Lucense-Comercial
Portomarín-Garabolos
Friol-Calasancio
Guntín-Rubián

CLASIFICACIÓN X. G. E. P. GF. GC. Ptos.
1. Oural 8 5 3 0 21 8 18
2. Sagrado Corazón 8 6 0 2 17 7 18
3. Calasancio 8 4 3 1 18 7 15
4. Muralla 8 4 3 1 16 7 15
5. Comercial 8 4 3 1 19 16 15
6. Río Sil 8 4 3 1 9 6 15
7. Castroverde 8 4 1 3 16 9 13
8. Rubián 8 3 4 1 12 11 13
9. Friol 8 3 2 3 14 11 11
10. Antas 8 3 2 3 17 17 11
11. Portomarín 8 2 2 4 6 9 8
12. Pradeda 8 1 4 3 12 15 7
13. Garabolos 8 2 1 5 13 17 7
14. Guntín 8 0 4 4 8 16 4
15. Lugo 8 1 1 6 7 24 4
16. Lucense 8 0 0 8 6 31 0

O seu adestrador, que xa viña pensando no empate… e atoparon a derrota.

¿El domingo visitan al Castroverde? ¿Qué espera del partido?
Sin duda va a ser una buena piedra de toque para ir viendo las posibilidades de unos
y otros. Por lo menos, a ver si seguimos invictos, con eso ya firmaba.

Colllo prestada de novo a crónica do partido de onte, da páxina do rio sil. Unha crónica bastante obxetiva do que pasou no terreo de xogo.

Alineacións:

SD CASTROVERDE: 1. Marcos, 2. Oscar, 3. Bruno, 4. Pere, 5. Javi, 6. Pin, 7. Albino, 8. Carlos, 9. Gelo, 10. Richard, 11. Rafa. Tamén xogaron Tino e Nacho.

RIO SIL: Cesar, Anllo, Panizo, Cuñas, Barantes, Molina, Pereco, Alberto, Piva, Milucho y Cristian; Tamén xogaron: Sergio, Chirlán e Verao.

Nunha das saídas máis difíciles desta primeira volta, o Rio Sil tuvo unha tarde para olvidar. O equipo saliu o campo falto de ritmo e algo despistado, o que pronto nos costou o primeiro gol, nunha pérdida de balón no medio campo, que o Castroverde finalizou cun disparo lonxano de Richard, que se colou pola escadra da portería visitante. Foi un golpe moral do que o equipo non foi capaz de recuperarse en toda a primeira parte. O Castroverde seguiu facendo moito dano con perigosos contragolpes, e o Rio Sil non era capaz de poñer en apuros á defensa local.

No minuto vinte chegou o segundo gol do Castroverde, nunha xogada de banda esquerda que acabou cun remate en propia meta de Panizo. Esto xunto ca expulsión, dez minutos máis tarde, de Anllo, por cartón vermello directo, acobou por enterrar as opcións do Río Sil neste partido.

Na segunda parte o conxunto da Carqueixa mostrouse un pouco máis organizado, pero sin inquietar a meta rival. Mentras que o Castroverde seguía a mostrar o seu peligro en numerosas contras. O partido transcurriu nesta dinámica ata o minuto 80, donde se revolucionou un partido que estaba visto para sentencia.

Primeiro ca expulsión de Milucho por dobre cartón amarelo. Cinco minutos máis tarde, nunha xogada incomprensible e sen moita explicación, o árbitro pitou penalti e César resoltou expulsado. Con Cuñas de porteiro, o Castroverde anotou o terceiro gol, obra tamén de Richard. O árbitro, Noé rañon vilela, de turno diu por finalizado o partido cando ainda non se cumplira o tempo legal.

Derrota das que deberíamos sacar moitas conclusións para seguintes partidos, e que esperemos, debido as numerosas baixas, non nos pese demasiado nos seguintes partidos.