Posts Tagged ‘Soutomerille’

O camiño express


2011
12.23

Aquí vos deixo dous vídeos maís do camiño de santiago, concretamente das etapas 4 e 5 do camiño primitivo. Son vídeos express (nos maís de un minuto de duracción) donde se pode ver o máis destacable:

Etapa catro centrada sobre todo en vilabade:

Etapa cinco, soutomerille, céntrada en lugo:

Camiño Primitivo, olvidado as portas do novo Xacobeo


2009
12.29

Camiño primitivoO listado de deficiencias e descoidos que sofre o Camiño Primitivo é intermináble. Así o denuncia o colectivo ecoloxista Adega, quen fala de “ausencia de sensibilidade cultural por parte da Administración” cara a esta histórica ruta. Falta de sinalización, descontrol das actividades económicas situadas ao longo do camiño ou falta de conservación son algunhas destas eivas, achacábeis aos poderes tanto autonómico como locais.

Da conservación á desvalorización
Dende Castroverde até Lugo, o camiño ofrece un amplo abano de vestixios históricos e de elementos paisaxísticos e culturais de elevado interese de conservación. Porén, Adega denuncia que non estar a ser atendidos. Así enumera entre os monumentos descoidados: a fortaleza de Soutomerille, CastroverdeCastroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.

No apartado do entorno ambiental, falan do impacto que sobre a paisaxe teñen as canteiras e areeiras que están en funcionamento na zona, como a de San Paio, A Pallota e Bascuas. A asociación ecoloxista pide ás autoridades competentes que “se rexenere e se corrixa o impacto desta industria e que se exixa ao sector o cumprimento estrito das leis para evitar a usurpación descontrolada e irregular do terreo”.

Soutomerille, rompendo o silencio


2009
02.11

De cara ao Xacobeo 2010, Castroverde por fin disporá de dous albergues(Un en Tarrío, e outro as aforas da vila) para os peregrinos que recorran o camiño primitivo. Será a través da concellería de Innovación e Industria de cara a potenciar os diferentes camiños. Están previstas arredor de 50 intervencións de variada tipoloxía, dende dotacións de albergues e servizos até melloras no patrimonio histórico e artístico, pasando por actuacións nas propias trazas das rutas e espazos públicos.

Soutomerille

Tamén cómpre salientar un conxunto de actuacións especiais pola súa singularidade, tal e como é a rehabilitación do núcleo protexido de Soutomerille (en Castroverde).

Soutomerille, quizais a parroquia máis popular do concello, e non pola súa xente, senón polo silencio. Ten o triste honor de ser a primeira parroquia do concello(espero non estar equivocado) de estar deshabitada. En tempos atrás importante núcleo, contou incluso cun mosteiro, hoxe en día só se conservan as ruinas das casas, e parte das ruinas da súa igrexa prerrománica ou mozárabe (os entendidos non se poñen de acordo), con reformas do S. XVII grabadas na pedra. Hoxe só é silencio, nin San Salvador(o seu patrón) a puido recuperar. Con esta reforma, desaparecerá o silencio?