Posts Tagged ‘terra’

Outra perspectiva do día da Terra


2009
04.22

Hoxe é o día da terra. Seguro que durante todo o día encuitamos as boas promesas de cara a proteger e reservar o noso planeta, o noso futuro, pero ¿Non deberían ser todos os días, día da terra?

Na época na que vivimos ¿necesitamos fechas concretas para non olvidar cousas que debieramos recordar sempre?. ¿Subestimamos a nosa capacidade de valorar o que é realmente valioso para nós?

¿Canto tempo máis nos levará ter conciencia total do que ven pasando?
Pode que nunca o logremos, pero si debera ser unha tarea irrenunciable camiñar cara a completa sostenibilidade, as xeracios que veñen tras de nos primeiramente. As formas son muitas. Sianalemos un camiño.

Se ben, nos nunca logremos amencer nun mundo sostible, procuremos construir ese futuro.

O emprendedor (I). Por “Undetordea”


2009
01.27

Pódese definir como aquela persoa que comeza unha actividade nova ou cando menos orixinal. Tamén pode ser aquel que aínda que non comeza con algo novedoso si o deixa todo un bo día, e decídese cambiar totalmente a súa actividade. Emprende unha nova vida se di, é un emprendedor.

Penso nesa persoa que atoallado pola vida monótona que leva, seguramente urbana, renuncia a falsas comodidades e decide voltar a casa que algún día foi da súa avoa, comeza unha actividade nova, busca relaxación, saborear máis a vida, como o que gusta dun bo wiskey, lentamente, a groliños, na busca de matices.

Penso tamén nese que cambia a súa vida laboral arrastrada, de pelele e seguidor de doutrinas impostas por tempos pasados, xa case levando a súa labor de maneira desinteresada…para cumprir un soño. Ese soño que todos temos, o noso soño, ou o soño de nosas nais, ou o de un amigo. Ese “personaxe”que volve ás raíces da industria, se dedica a artesanía, é debuxante, non hippie, pero si traballador, de saber profundo e herdable, carpinteiro, restaurador, silleiro, zoqueiro, cesterio…porque el prefire vivir o ancho e non o longo.