Posts Tagged ‘via romana’

Tordea, paso da vía romana


2008
04.22

via romana tordea[lang_gl]O pasado sábado 19 de abril permitiu coñecer in situ o primeiro treito da vía XIX do itinerario de Antonino que unía Bracara Augusta (Braga) con Asturica Augusta (Astorga), e discurrían por Lucus Augusti (Lugo). A andaina pola Vía Romana XIX, como remate aos tres anos de intensos traballos realizados no marco do proxecto europeo Vías Atlánticas, comezaba na praza de Armanyá, onde está o miliario de Lvcvs Avgvsti, e rematou no lugar de Tórdea, no Concello de Castroverde. Esta ruta serviu de inauguración do itinerario cultural, tralo seu acondicionamento e sinalización.

Con esta andaina ponse punto e final a un ambicioso proxecto europeo Interreg III no que participaron o Concello de Lugo, as Deputacións de Lugo, Pontevedra e A Coruña, o CSIC, a Universidade de Santiago e os Concellos portugueses de Braga, Vilaverde, Ponte de Lima, Paredes de Coura e Valença do Miño.

Dita andaina foi organizada polo Concello de Lugo e o INLUDES -dependente da Deputación-, e da que aínda falta a publicación de 2.000 exemplares en galego e castelán dunha Guía do Itinerario Cultural da VIA ROMANA XIX (esta vía atravesaba os actuais concellos do Corgo, Baralla, Castroverde, Becerreá e Cervantes).

Esta guía, que verá a luz en poucas semanas, centrarase no treito oriental da provincia dehttp://www.flickr.com/photos/masoucos/2432895379/ Lugo, en concreto entre a cidade de Lugo e o Alto do Comeal, na Serra dos Ancares, xusto no límite coa provincia de León.

A Cidade de Lugo xoga un papel moi destacado no proxecto Vías Atlánticas xa que polo seu territorio discorren arredor de 40 quilómetros destas vías romanas e a cidade foi a capital da Gallaecia romana septentrional que hoxe conta co legado máis importante daquela época: a muralla romana Patrimonio da Humanidade dende o ano 2000.

Hai aproximadamente dous mil anos, no noroeste de Hispania, o emperador Octavio Augusto iniciaba a construción da rede viaria. Todos os estudos demostran que así tiñan controlada politica e administrativamente o seu territorio, a súa explotación, riquezas naturais e o transporte de viaxeiros e mercadorías.

Agardamos as sabias palabras de ‘un de tordea’, afectado seguramente, xa que é raro que aínda non publicara nin comentara nada sobre esta vía romana, o seu paso por Tórdea.[/lang_gl]

[lang_es] No quiero que abandones este sitio, pero lo siento mucho, el blog ha dejado de ser bilingue por falta de tiempo. Si quieres puedes ayudar a  su tradución, o probar con la versión “original”.

También puedes probar la traducción automática a español, o inglés.

Disfrútalo[/lang_es]