Posts Tagged ‘victoria’

Guntín plaza maldita


2009
03.30

Os resultados desta xornada 27 son:

Resultados
Guntín – Castroverde 0 – 1
Muralla – Pradeda 2 – 0
Lugo – Oural 1 – 4
Sagrado Cor. – Comercial 2 – 1
Río Sil – Garabolos 1 – 3
Antas – Calasancio 2 – 9
Lucense – Rubián 1 – 0
Portomarín – Friol 0 – 1

A próxima xornada terá os seguintes encontros:

Próxima Xornada
Pradeda-Castroverde
Oural-Muralla
Comercial-Lugo
Garabolos-Sagrado Cor.
Calasancio-Río Sil
Rubián-Antas
Friol-Lucense
Portomarín-Guntín

S.D CASTROVERDE: Marcos- Óscar – Manolo – Toño – Javi – Gelo  – Albino – Carlos – Marcos gemelo – Richard – Marcos Veiga.  12 – Iván  13 – Chino 14 – Manu 15 – Bruno 16 – Rafa.

Esta foi a primeira visita ao campo do guntín despois do descenso masivo anos atrás para crear a terceira rexional. E ese precisamente é o primeiro pensamento que se lle ven os seguidores do castroverde nesta visita. Pero a historia cambiou ben desde aquela. Un partido importantísimo, no que desta volta era o Castroverde o que non podía fallar se quería seguir na pelea por unha das plazas de ascenso, e máis aínda coa victoria dos seus inmediatos perseguidores (Oural e Muralla) o día anterior.

Cedo comenzaron as primeiras ocasións para os visitantes, aínda que non era a tarde, unhas veces os dianteiros, coa mirada desviada, e outras o acerto do porteiro, o mellor con muito dos locais, facían que o resultado se mantuvera boa parte da primeira metade. Un pase de Gelo o espacio, que recolle Carlos superando cun regate o porteiro. Así marcaba a portería vacía o primeiro, que xa sería o definitivo.

O Guntín pouco inquietou a portería de Marcos ao largo dos 90 minutos, so unha falta na frontal que pasou rozando o poste, e un remate fallido do dianteiro foi o balance ofensivo dos locais en todo o partido.

A S.D. non xogou un bo partido nun campo en magníficas condicións, pero sumou os tres puntos, con unha chea de ocasions fallidas, recordo as ocasions francas para empuxar de Marcos Veiga, Gelo, Carlos, Albino e Manual no último minuto.

O peor do partido e acumulación de outra baixa máis, desta volta manolo, que se suma as da pasada xornada, aínda que volve Juan. Próxima estación Pradeda, ocasión para confirmar un pouco máis a segunda plaza nun campo complicadísimo.

O árbitro un desastre. Dúas espulsions, e varias tarxetas para xogadores de ambos equipos. Unha pena que un partido sen entradas duras, e sen lances do xogo acabe así.

Equipo X. G. E. P. G.F. G.C. Puntos
1. Calasancio 26 19 5 2 72 20 62
2. Castroverde 26 17 4 5 61 30 55
3. Oural 26 15 8 3 62 30 55
4. Muralla 26 16 6 4 53 18 54
5. Sagrado Cor. 26 16 5 5 41 20 53
6. Comercial 27 13 8 6 53 39 47
7. Friol 25 10 7 8 48 33 37
8. Portomarín 26 10 4 12 42 42 34
9. Rubián 26 8 8 10 43 54 32
10. Río Sil 26 8 5 13 23 43 29
11. Antas 26 8 4 14 40 66 28
12. Garabolos 27 7 5 15 36 48 26
13. Guntín 25 5 9 11 29 41 24
14. Lugo 27 6 2 19 38 76 20
15. Pradeda 26 3 6 17 30 54 15
16. Lucense 27 3 4 20 23 80 13

Primeira victoria da segunda volta


2009
01.12

Resultados
Antas – Lucense 3 – 1
Río Sil – Portomarín 1 – 0
Sagrado Cor. – Friol 1 – 1
Lugo – Rubián 4 – 3
Muralla – Calasancio 3 – 0
Castroverde – Garab. 3 – 1
Pradeda – Comercial 0 – 4
Oural – Guntín 1 – 1
Próxima xornada
Guntín-Antas
Lucense-Río Sil
Portomarín-Sagrado Cor.
Friol-Lugo
Rubián-Muralla
Calasancio-Castroverde
Garabolos-Pradeda
Comercial-Oural

E a clasificaión queda do seguinte xeito: (Nota: Segundo a páxina da fedaración esta clasificación non é correcta. Haberá que esperar a que se actualicen, e ver cal é a clasificación definitiva.)

Pos Equipo Xog Ga Em Pe GF GC Puntos
1. S.D. OURAL 16 10 4 2 40 17 34
2. C.P. CALASANCIO 16 10 4 2 38 15 34
3. AT. MURALLA 16 10 3 3 32 12 33
4. S.D. CASTROVERDE 16 10 2 4 30 17 32
5. A.D. SAGRADO C. 16 10 2 4 25 14 32
6. S.G. COMERCIAL 16 7 5 4 30 24 26
7. S.D. RUBIAN 16 7 5 4 27 25 26
8. PORTOMARIN C.F. 16 7 2 7 23 20 23
9. C.D. RIO SIL 16 6 5 5 16 20 23
10. S.D. ANTAS 16 5 4 7 26 33 19
11. FRIOL C.F. 16 4 6 6 21 22 18
12. U.D. LUGO 16 5 2 9 23 39 17
13. S.D.C. GARABOLOS 16 3 3 10 19 31 12
14. C.D. GUNTIN 16 2 6 8 18 31 12
15. PRADEDA F.C. 16 1 6 9 16 31 9
16. SP.LUCENSE 16 0 3 13 14 47 3

CASTROVERDE…… 3

GARABOLOS……….. 1

Castroverde: 1-CHINO 2-JUÁN 2-BRUNO 4-PEREIRA 5-JAVI 6-HÉCTOR 7- ALBINO 8-MARCOS GEMELO 9- GELO 10- CARLOS 11-MARCOS. Tamén xogaron: 12- MANOLO 13-IVÁN 14-TOÑO 15-RAFA 16-ÓSCAR.

Comezaba o segunda volta da liga na Veiga do Olmo, con un partido no que os locais necesitaban os tres puntos para seguir nas posicións de arriba da táboa.

Os locais presentábanse no partido con algunha baixa, pero tamén con unha nova incorporación a de un vello conocido como é Marcos, e non defraudou, xa que anotou os tres goles dos locais.

Dende que pasara o Rio Sil por Castroverde non se vira xogar o equipo con tanta superioridade con respecto o rival, xa nos primeiros minutos de partido se poideron ver as primeiras ocasións claras nas botas dos dianteiros locais. No minuto 15 gran xogada de elaboración na que o centro de Albino e rematado por Marcos a gol. O segundo chegaría despois dun corner botado dende a esquerda, o balón vai pasado, recollea Javi e o seu centro volve a ser rematado por Marcos a gol, esta vez de cabeza. En pleno vendaval de ocasións locais chegaría o terceiro, despois dun gran pase de Gelo entre os centrais que recollía Marcos en velocidade e cruzaballa o porteiro na sua saida.

Despois de tanta superioridade na primeira parte, a segunda foi moito máis igualada, os locais xogaron coas liñas moi separadas, o que limitaba moito que o balón circulara con fluidez, a parte e como ben sendo habitual gran baixón físico acompañado de certa relaxación polo resultado fixeron que o partido fora aburrido e sen ritmo. Nos minutos finais gol dos visitantes de tiro lonxano na que Chino non estivo todo o acertado que de él se espera.

En definitiva quedámonos coa gran primeira parte do Castroverde, que nos deixa certo bo sabor de boca para enfrentarnos contra os líderes da categoría para a semana próxima.