Posts Tagged ‘voluntariado’

Pan para hoxe… (Por UndeTordea)


2009
11.12

Outro mundo é posibleUnha  noite, vendo en “informe semanal” un reportaxe sobre voluntarios dinme de conta a cantidade de xentiña que o deixa todo, tódalas suas comodidades para axudar os demais. Eses si son heroes.

Axudan, organizan, traballan con teimosía para que aquel mundo sexa un pouco mellor para os que nel viven. Só por un intre e digo só un intre porque se o fixéramos moito de seguro que estaríamos en depresión emocional, deberíamos pensar na posibilidade de que eso cambiase, si, de que en lugar de ser o norte rico fora o sur e de que en lugar de ser eles os que andan descalzos e famentos fósemos nos. O mellor non está tan lonxe, ou secadra o mereceríamos.

cambio climáticoQue os nosos bosques foses deles, que os nosos ríos os explotaran as súas multinacionais, que nos venderan armas, que o noso goberno se vendera o seu por nada. Unha cousa ai que ter clara, que si nos estamos así de ben, porque a pesar de todo estamos moi ben, é porque eles están mal, e non hai mais voltas que darlle, e o igual que pasa cos días de Navidade, data na que nos acordamos mais deso, ou días nos que sae algo nas noticias, este relato servirá para eso, como moito lelo, e dicir, pois si que é certo, e nada máis , e non se faga nada.

E como o imos facer!!! Si somos uns comodóns…nos que nos agobiamos por nada, por problemas de si saco a carreira, de si merco coche, que si facemos uns panteóns caros de non sei que pedra, a lámpada da casa de non sei cantos euros, pero que puta merda é esa en comparanza co que morre un neno non mundo cada non sei cantos segundos de fame!!!

Pero que puta merda de mundo é naqel no que se gasta máis unha nación en armas que o que custa darlles de comer a todos eles. Pero digo eu, seguramente estea barrenado o pensar esto, e esto pasarame, e seguirei coa miña vida, as presas, “paquí, palá”, conseguir isto, aquelo, e de todo esto nacen os nosos problemas, da abundancia (obesos, depresión, xente histérica, codiza, malhumorados sempre, viciosos, arrogantes, obsesivos, hipócritas, soberbios, Comunicacion no mundoprepotentes…) todo isto, penso, desaparecería no momento no que se equilibrara a balanza. É moi sinxelo de facer, eles co seu mais básico, e nos co nosos tamén máis básico, ah!!!! Pero non!!, como vamos ser tan básicos!!!, eles si deben ser, e máis agora que con “eso” do rollito do cambio climático está ben que sexan así que non contaminen, e así ademais comen a nosa merda… pero que noxo teño de todos nos hoxe!!!.