Posts Tagged ‘Xacobeo’

Camiño Primitivo, olvidado as portas do novo Xacobeo


2009
12.29

Camiño primitivoO listado de deficiencias e descoidos que sofre o Camiño Primitivo é intermináble. Así o denuncia o colectivo ecoloxista Adega, quen fala de “ausencia de sensibilidade cultural por parte da Administración” cara a esta histórica ruta. Falta de sinalización, descontrol das actividades económicas situadas ao longo do camiño ou falta de conservación son algunhas destas eivas, achacábeis aos poderes tanto autonómico como locais.

Da conservación á desvalorización
Dende Castroverde até Lugo, o camiño ofrece un amplo abano de vestixios históricos e de elementos paisaxísticos e culturais de elevado interese de conservación. Porén, Adega denuncia que non estar a ser atendidos. Así enumera entre os monumentos descoidados: a fortaleza de Soutomerille, CastroverdeCastroverde, a Casa-Torre, a igrexa, o Hospital de Gondar ou toda a contorna do pobo de Soutomerille.

No apartado do entorno ambiental, falan do impacto que sobre a paisaxe teñen as canteiras e areeiras que están en funcionamento na zona, como a de San Paio, A Pallota e Bascuas. A asociación ecoloxista pide ás autoridades competentes que “se rexenere e se corrixa o impacto desta industria e que se exixa ao sector o cumprimento estrito das leis para evitar a usurpación descontrolada e irregular do terreo”.

‘poc rock’ ou tamén ‘se se poñen a tiro’


2008
02.29

[lang_gl] Despois dunha semana con tanta noticia e entrevista, é o momento para rir a esgalla, coa videomontaxe que fixeron das declaracións á radio galega do conselleiro Perez Varela, sobre as actuacións no Xacobeo, alá polo ano 2004; pero é tan bon… que non me puiden resistir a poñelo.

P.D. Importantísimo ter o sonido activado, se non o vistes xa. Desexo que vos guste. [/lang_gl]

[lang_es] Después de una semana con tanta noticia y entrevista, es el momento para reir y no parar, con el videomontaje que han realizado sobre las declaraciones a la Radio Galega de Perez Varela, sobre las actuaciones en el Xacobeo, por el año 2004; pero es tan bueno… que no me he podido resistir a ponerlo.

P.D. Importantísimo tener el sonido activado, si no lo habeis visto ya. Espero que os guste. [/lang_es]

[gv data=”CscpJKKQ39g” width=”425″ height=”350″][/gv]