O proceso é bastante simple, ainda que lioso, e lógrase con só 2 ferramentas que, para o noso ben, son gratuitas. Agora, nuns pasos, todos os vídeos dos mundialmente coñecidos YouTube e GoogleVideo (entre moitos outros, coma Metacafe), poderás descargalos sen ningún problema.
Primeiro paso: descarga do vídeo.
KeepVid é o sitio chave en todo isto. A través del poderemos descargar un vídeo simplemente copiando a súa dirección, así:

Unha vez pulsado o botón ‘DOWNLOAD’, un pouco máis abaixo apareceranos a seguinte mensaxe:

Entón faremos click dereito en >> Download Link <<, seleccionaremos ‘Guardar enlace como’ e poñerémoslle un nome agregando a extensión ‘.flv‘(flash vídeo), desta forma:

Unha vez que termine de descargar, podemos reproducilo cun FLV player ou pasar á seguinte fase(cambiar a formato coñecido, mpeg, avi, etc).
Segundo paso: recodificación do vídeo.
O máis probable e que nunca oiras falar do formato ‘.flv‘. Para transformar esta extension rara nalgo coñecido, necesitaremos primeiro descargar (click aqui) e logo instalar CinemaForge, un programa que converte vídeos entre varios formatos. Realmente é ‘de pago’, pero só a opción de hostear os teus vídeos transformados nun servidor, característica bastante prescindible, por outra banda.
Unha vez aberto veremos a seguinte pantalla (traballaremos coas opcións marcadas):

Primeiro seleccionaremos o arquivo ‘.flv’ descargado:

Logo seleccionaremos o formato ao cal queremos transformalo, sen esquecer agregarlle unha extensión coñecida (suxerencia: ‘.avi’):

Unha vez feito isto pulsaremos ‘Encode’ e o programa comezará a facer o seu traballo. Para saber se está funcionando ben hai que poñer atención ao seguinte:

Cando o monigote termine de loar a ‘media forge‘ apareceranos a seguinte mensaxe:

…indicando que todo é correcto e que o vídeo esta listo para ser aberto polo noso reproductor.
P.D. KeepVid soporta moitos outros sitios de vídeos on-line. Pódese ve-la lista completa na columna ‘Any Site’: