Castroverde 2 – Cazas 2
Empate a dous goles nun partido onde calquera se puido levar a victoria. O empate é un resultado engañoso, xa que foi un partido mui disputado, no que a sociedade deportiva castroverde tivo que remontar dous goles en contra.
1-Chino, 2-Raúl, 3-Iván’Patadón’, 4-Pere, 5-Edu, 6-Manu, 7-Albino, 8-Toño, 9-Juán, 10-Gelo, 11-Héctor. Tamén xogaron: 12-Iván, 14-Tacho, 15-Javi, 16-Pablo.
Comezou o partido cunha primeira parte muy intensa, con ocasións clarísimas, na que calquera dos dous equipos se puido ir con ventaxa o descanso. Non foi así, en parte polas paradas dos porteiros, en parte polo desacerto dos dianteiros, co que se chegou o descanso, empate a cero goles.
Xa no descanso sae Javi por Juán, pero este cambio non fai que melloremos, e o cazás ponse por diante nun fallo da defensa local. Dous minutos máis tarde, pola pouca fe do castroverde, o cazás vólvese adiantar. Eses minutos malos terminan co acertado cambio de sistema, e coincide ca salida de Iván o campo. Ca nova estratexia, o equipo vaise arriba, e dispón de muitas máis ocasions, co que non tarda en chegar o primeiro, un golazo de volea ca zurda de hector.
Pouco despois, e polo absoluto dominio, lógrase o empate, tamén de hector, que nun bon desmarque bate por baixo o porteiro visitante.
Xa co empate logrado, cambio de sistema novamente, co que o partido volve o ritmo incial, e o cazás confórmase con non perder, un partido que tivo nas mans, e que puido levarse o castroverde no tramo final.
O mellor do castroverde: Héctor
O próximo partido xa será novamente fora da casa, contra o Folgueiro. O máis destacado do resto da xornda, foron o empate a tres goles do san román, fóra da casa. O outro resultado sorprendente, foi a victoria por tres goles a un, do sacido diante do celta, equipo menos batido da categoria ata ésta xornada. Os demais resultado da terceira rexional, grupo XII, foron:
Resultados |
|
Momán – Meira | 4 – 0 |
T. Miño – S. Román | 3 – 3 |
Sacido – Celta | 3 – 1 |
S. Ciprián – Abadín | 4 – 0 |
Catro Roldas – Folgueiro | 0 – 2 |
Candelaira – Matela | 1 – 1 |
Castroverde – Cazas | 2 – 2 |
Próxima Xornada |
|
Codesido-Momán | |
Meira-T. Miño | |
S. Román-Sacido | |
Celta-S. Ciprián | |
Abadín-Catro Roldas | |
Folgueiro-Candelaira | |
Matela-Castroverde | |
Cazas- Descansa |
Clasificacion(Equipo) |
X |
G |
E |
P |
GF |
GC |
Ptos |
1. S. Ciprián | 6 | 6 | 0 | 0 | 26 | 7 | 18 |
2. Sacido | 6 | 5 | 0 | 1 | 17 | 5 | 15 |
3. S. Román | 5 | 4 | 1 | 0 | 13 | 8 | 13 |
4. Celta | 6 | 4 | 0 | 2 | 16 | 5 | 12 |
5. Folgueiro | 6 | 3 | 1 | 2 | 11 | 5 | 10 |
6. Castroverde | 5 | 3 | 1 | 1 | 8 | 12 | 10 |
7. Cazas | 6 | 3 | 1 | 2 | 10 | 16 | 10 |
8. Momán | 6 | 2 | 1 | 3 | 7 | 6 | 7 |
9. Matela | 6 | 2 | 1 | 3 | 9 | 12 | 7 |
10. T. Miño | 6 | 2 | 1 | 3 | 11 | 15 | 7 |
11. Meira | 5 | 2 | 0 | 3 | 7 | 16 | 6 |
12. Candelaira | 5 | 1 | 1 | 3 | 8 | 10 | 4 |
13. Codesido | 5 | 1 | 0 | 4 | 8 | 7 | 3 |
14. Catro Roldas | 5 | 0 | 0 | 5 | 4 | 11 | 0 |
15. Abadín | 6 | 0 | 0 | 6 | 4 | 24 | 0 |