Novos destrozos nas Penas de Rodas

2007
11.14

CCD13112007Pois sí, foi alí onde puiden facer estas fotos indicativas, cando estábamos CCD13112007 CCD13112007 preparando unha boa churrascada, de que ainda queda xente que non ten muito que facer e se adica a pintar e sobre todo danar as Penas de Rodas, coma xa pasou fai pouco máis dun ano. Desta volta posiblemente fóron menos os destrozos pero seguro que non menos importantes. Ata alí se achegaron ata tres patrullas da Garda Civil, pra intentar identificar os autores.

CCD13112007CCD13112007CCD13112007 (Grafiti nas Penas de Rodas)

Se queres saber máis sobre as Penas de Rodas, sigue lendo unha pequena escolla sacada en internet da asociación que leva o mesmo nome.

As Penas de Rodas están situadas en Santiago de Gaioso, unha parroquia do concello de Outeiro de Rei, a 18 km. de Lugo, capital da provincia, e asentada “alí onde nace ou morre a Terra Chá“, como deixou escrito o grande poeta chairego Manuel María.
Cruzando o antigo campo da Feira de Gaioso, onde se pode ver un belido cruceiro de 1900, obra dos canteiros vilalbeses de Román, e subindo ata os 484 m., están AS PENAS DE RODAS, dous enormes penedos de forma case esférica, apoiados noutras rochas nun punto tan mínimo que fai que a súa estabilidade resulte case inverosímil.

Este monumento natural, un singular capricho xeolóxico froito da erosión sufrida durante millós de anos, preside toda unha paraxe de penedos e dende el pode ollarse unha boa parte da Terra Chá, vista panorámica que se amplía cando se sobe ó cume da Cruz do Quinto ou de Paraños, vértice xeodésico situado a 614 m. de altura, dende o que podemos ver tamén o val de Candai e as terras de Francos, Vicinte e de Santo Tomé de Gaioso.
A orixe deste tipo de formacións baséase na acción da auga sobre da pedra e é típica de Galicia e o norte de Italia.

Comments are closed.