…(III)Esto xa nin é cuestión de galeguismo nin de nacionalismo. Claro que necesita o noso agro avanzar, introducir mecanismos, maquinaria novos métodos de producción… pero que ninguén nos venda que estamos atrasados ou que debemos evolucionar, pois mirade, é certo que moitos europeos nos levan 50 anos de vantaxe, pero igual de certo é que para elo empregaron 150 anos, mentres a nos nós está levando menos de 50. O noso labrego dende sempre se adaptou a todo o que lle veu encima, pero faltoulle sempre un status social, unha identificación propia recoñecida polo resto da sociedade, e que el mesmo so crea. Mirade, un agricultor francés ou un gandeiro alemán non son grandes polo rendementos dos seus campos de trigo ou pola cantidade de graxa que producen as súas vacas, senón porque son admirados polo resto da sociedade, souberon manter a súa posición dentro nela. Son a base e o resto da sociedade os admira por manter as tradicións, as tradicións que retomándonos no tempo algún día tamén foron deles do país no que viven. Son eles os que manteñen a famosa “memoria histórica”. Son eles os que poden dicir que se adican a algo que xa facía seu pai, e este o seu , e así foi no tempo.
E logo o seguinte que será… atacar a rapa das bestas??
Sírvome da frase de citado anuncio para ir rematando. Definitivamente ¡¡¡vivamos coma galegos!!!,
ainda que fai un sol de carallo:
[gv data=”SVP7evvRn6E” width=”425″ height=”350″][/gv]
e galicia:
[gv data=”AP1mpzw-nsw” width=”425″ height=”350″][/gv]
Fmdo: ‘Un de Tordea’
Para cando toca atacar a Rapa das Bestas?
Non cres que todo é consecuencia normal da evolución da sociedade?
non digo que a sociedade non teña que evolucionar, e xa comentei que a nosa sociedade rural é a que está a ter os cambios máis acelerados da vella Europa, pero a evolución non creo que implique botarlle terra de teipe por riba o anterior… teremos que ter unha base, saber de onde vimos… ou vamos a esquecer todo??. e para que se reflexione sobre o tema, sigo pensando que as sociedades (xa non me refiro as rurais só) máis evolucionadas, curiosamente son as que mellor gardan o anteriormente feito e a súa historia, e sobre o que presumen.
a parte desto gustaríame ver máis comentarios, de tódolos artigos, discrepancias, que sempre é bo compartir opinións… se non, vexo que terei que ser máis radical nas miñas opinións para levantar vixocas!!!
E quen di que hai que esquecer? Eu tampouco digo que teñas(mos) que esquecer, pero tampouco agora se utilizan carros, nin se sachan as cavadas, e máis podiamos presumir por elo, non?
Son novas formas que se presupon que van a ser mellores para todos.
E sí, tes que ser máis radical e tamén máis sensacionalista, senón non vas ter éxito na fiestra de Masoucos.