Consecuentes. I

2008
02.13

 [lang_gl]José do Campo era xa un home cando marchou estudar a Madrid medicina, o único dos irmans que estudou, bueno, digo mal, outro deles tomou os hábitos anos despois. José do Campo viña a casa cando podía, daquela só se facía coma moito unha vez no ano. Traía ideas, faladurías, teorías que deixaban asombrados a tódolos rapazolos e homes veciños. Sempre cando viña presumía de ser comunista das ideoloxías, da universidade.

Unha desas tardes estaban os rapaces ó redor de José, mentres este expoñía as súas teorías comunistas  “e ti Amador que tes 3 vacas pois daríaslle unha a Pepita do Encanto pois esta ten unha e parte das súas ovellas serían tamén túas e as galiñas da túa casa, Joquín, serían de todos…”, e así continuaba.

José do Campo tiña un tío solteiro na casa, seu padriño. Este regaláralle unha egua moi feita, na cal José esculcaba nas rapazas. Pois o caso é que seu padriño era un home bruto sen estudo algún pero non menos entendido de teorías que seu afillado, e tamén escoitaba as teorías coas que viña o estudante de Madrid, e ese día foise sen dicir nada cara a casa, sacou a egua da corte e deulle unha vareada encamiñándoa cara o camiño de Gracian. A egua saíu o galope e José detrás dela berrando “uoh volve, volve…”.

 e xa ían os dous por aló abaixo e nesto que berra seu padriño “non decías que eras comunista ? deixa a egua que vaia para Gracian que ti xa te serviches dabondo dela” 

Moitas veces identificámonos con símbolos con maneiras de pensar, frases feitas que soltamos en conversas que semellan interesantes e co que intentamos poñernos nun bando o outro. Falando cun compañeiro, dicíame que falta “raciocinio” na xente, e poida que non lle falte razón.

Moitas veces cantos hai que se escoitan dicir “eu son rojo, comunista” como querendo dicir con eso que son antifeixistas (estes non son os que se negan a facer feixes) e contrarios a dictaduras, “libertarios”. Igual non son consecuentes co que din.

Estes que non se lles esqueza que moitas dictaduras houbo con comunistas e parece que as sigue habendo con pseudocomunistas. Outros póñense na tremenda de que o comunismo non chegou a nada, que é algo negativo, un atraso. Que non se enganen pois nos vellos países europeos, a alternancia entre os conservadores e progresistas está á orde do día, uns non o fan mellor que outros, pero postos a respostar, os socialistas, esquerdistas teñen algo que ver co antigo comunismo.

Por poñer un exemplo e con esto non defendo ó “castrismo”, polo ano 69 en cuba xa se traballaba na investigación dos apareamentos do gando holstein con outras razas…Nós que facíamos neses anos?

Supoño que non é malo pensar coma uns ou outros, expoñer os pensamentos cheos de razón segundo un mesmo, senón que o malo é non saber o porque se pensa así, e ser monicreques de algo ou alguén.

Fmdo: ‘Un de tordea’[/lang_gl]

[lang_es]Lo siento, ‘un de tordea’, escribe solo en gallego. Pulsa para ver el texto original.  [/lang_es]

Tags: , ,

6 Responses to “Consecuentes. I”

  1. faleieu di:

    Non sei xq, pero sta historia soame de algo…???

    En fins, seguirei pensando.

    Un saúdo.

  2. Tino di:

    Soache de algo? pois eu non recordo… algunha pista?

    Eu tamén vou seguir pensando…, e esperando a que ‘un de tordea’ se pase a explicalo.

    Un saúdo¡

  3. un de tordea di:

    non hai máis voltas que darlle… agora tendes que opinar os demais… ou quizais non sexa un texto moi opinable…ou falta filosofía… e qu non sei como picar non personal para que se “pique” e como dixo mánquiña nunha pelicula xa vella ” a los hechos me remito”

    outra cousa…non sei ben quen é “faleieu”…e máis me intriga que lle soara esta historia…Qen cha contou logo?

  4. Tino di:

    A verdade é que o texto, non da para opinar muito…, aínda que me gustou muito a última parte, a conclusión final.

    Parabens¡¡¡ jejeje

  5. faleieu di:

    ¿será certo que o alcohol mata as neuronas?? Un de Tordea

  6. un de tordea di:

    xa sei faleieu… con esa resposta que ía ser!!!
    poderíaste mollar algo máis e non meterte así directamente co que escribe… bueno… liches o fin o libro do que falamos aquela noite??
    un bicaso