[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl]
Hoxe remata a exposición da Asociación Intered, “Igualdade para o desenvolvemento: Se a muller avanza, o mundo tamén”
Nela pódense ver os problemas xerados polas relacións desiguais entre homes e mulleres e destacan algunhas das achegas que as mulleres fan para a consecución dun futuro mellor. Ademais esta exposición dispón de unidades didácticas para traballar actitudes de promoción da igualdade de xénero en sesións de titoría.
Ademáis desta nova exposición, os alumnos de 5º curso de primaria realizaron un programa de
radio para “Ponte nas Ondas”, que poderemos escoitar o próximo 6 de xuño a través da Internet, e agardo non perdermo, xa que van analizar os cambios que se foron producindo na comarca, atendendo ás melloras no transporte e nas comunicacións, ademáis de reflexionar sobre a incidencia desta circunstancia na modificación dos hábitos de vida.
Nesta mesma liña, os centros de ensino non universitario de Galicia puideron iniciarse e introducir no currículo escolar contidos relacionados co audiovisual, coa animación, coa
televisión e novas tecnoloxías. ‘Mobilizate nas aulas’, un proxecto de Mr Misto Films para o Consorcio Audiovisual de Galicia, na que o CPI de Castroverde tamén participou, con estas dúas grabacions: Documental: CPI Castroverde, no que se poden ver a distintas persoas que fan o seu traballo no centro, e tamén as súas aulas; Os seus autores: Rubén Castro, Déborah Birro, Nuria Alvarez, Marina Pérez, Jéniffer Torrón. Tamén podes ver As gamberras, onde a un grupo de rapazas as botan fora da clase e o director terá que tomar unha decisión; Os seus autores: Alejandra Pérez, Patricia Rielo, Tamara Castedo, María José Fernández, Marta González, Cristina Cascudo, Daniel Díaz.
E xa por último, mencionar o Taller de escritura creativa escolar de “Crea tus textos“. Este ano celébrase a súa segunda
edición do taller online que organiza a Fundación Coca-Cola Juan Manuel Sáinz de Vicuña.
Nesta edición tentábase potenciar as dotes de escritor, así como poder compartir ás túas creacions con outros estudiantes, na que tamén participaron os alumnos do CPi de Castroverde. Podes ver os seus texto facendo clic aquí.
Unhas moi boas ideas para achegar a cutltura os rapaces do concello. Que pena que non puideramos disfrutar destas boas ideas fai anos…
[/lang_gl]
San xoán de Barredo

[lang_gl]
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one:
[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one:
se che conven claro, e senón almacenalo en silos.
Premio Galicia de Comunicación, na especialidade de radio, pola serie de programas “Encontro coa poesía galega”. Tres programas especiais nos que se deron cita os nomes máis relevantes da poesía galega contemporánea: María do Cebreiro, Suso Pensado, Yolanda Castaño, Claudio Rodríguez Fer, Luz Pozo Garza. Xavier Seoane, Chus Pato, Ana Romaní, Pepe Cáccamo, Arcadio López Casanova, Manuel Torneiro. Miguel Anxo Fernán Vello, Manuel Rivas, Salvador García Bodaño, Vicente Araguas, Darío Xohán Cabana e Ramiro Fonte…. escritores de distintas xeracións e correntes estéticas que deron testemuño cos seus versos do momento dourado que vive a poesía galega.
O encontro, celebrado en Lugo, estivo dirixido por Ignacio Elguero, coordinado pola xornalista galega Beatriz Domínguez Cao e contou coa colaboración especial de RNE en Galicia.
Xerais) e Carlos Lema (Editorial Galaxia). 
Eros a Gaia Perturbando o Universo.Foi premiado coa 
