Aída Valiño, desta volta, Subcampiona de Europa¡¡¡

2008
05.26

[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en][lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]

A�da valiño[lang_gl]Aída Valiño (Castroverde, 1987), do Cidade de Lugo Club Fluvial, chegaba ca moral reforzada a Serres(Grecia), despois de conquistalo título nacional de duatlón na categoría sub-23 o pasado mes en Monforte. Aínda que días atrás non puido rematala proba da Copa de Europa de Pontevedra, polas duras condicions meteorolóxicas(choiva e frío), por fin se puido resarcir, e así, este sábado pasado proclamouse subcampiona de Europa sub 23, no Campionato de Europa de Duatlón, celebrado en Serres (Grecia). A francesa, Charlotte Gauchet puido con Aída, e fíxose co primeiro posto por tan só 45 segundos, tras finalizalo percorrido cun tempo de 2.03.28 horas.

A nosa veciña de 20 anos, conseguiu sen dúbida, o seu maior éxito internacional tras 10 km a pé, 40 en bicicleta e 5 máis nunca última carreira demoledora. Con esta prata, Aida Valiño obtén tamén a segunda posición no Campionato de Europa Absoluto. Tamén defendera para o próximo ano o título, tanto no campeonato de España na súa categoría , como no galego.

Aída tivo «boas sensacions» durante toda a proba. «Ao principio costábame algo correr e fun mellorando de forma progresiva; cando me subín a bicicleta fun no grupo de cabeza e estou contenta porque me baixei moi cerquiña das mellores da categoría absoluta», declarou.A�da valiño na carreira do sábado pasado

Tamén recoñeceu que a última carreira fixoselle «algo dura» xa que se tratou do segundo duatlón olímpico da súa vida. Con respecto ao Europeo do ano pasado, no que conseguiu unha excelente sétima posición, notou mellorías «sobre todo na carreira a pé». A pesar de que está saíndo dunha lesión (xa recuperada) que lle afectou a espalda e a un pe, que lle impidiu adestrar con nomalidade.

«Aínda esta semana non puiden traballar dous días con normalidade porque tiña molestias; non esperaba facer este posto porque, ademais, durante a proba fixo muito calor e foi un pouco asfixiante», dixo. A pesar do bon resultado obtido, o obxetivo primordial chega dentro de quince días, no Mundial de Triatlón que se celebrará en Vancouver (Canadá). «Intentareino facer o mellor posible na natación, que se me da bastante ben. Aínda que existe moito nivel, farei o posible por loitar polas medallas», concluiu.

Sub 23 femenina

1. C. Gauchet (FRA), 2.03.28 horas

2. Aida Valiño, 2.04.13

3. Anna Grzesiak (POL), 2.15.26

4. Irini Mouchou (GRE ), 2.22.28

Muitas feliciades desde A Fiestra de Masoucos¡¡ Aída merecese eso é muito máis, como dice súa irmán¡¡¡¡¡ Moita sorte en Vancuver e ata pronto!!!!![/lang_gl]

Tags: , , , , ,

6 Responses to “Aída Valiño, desta volta, Subcampiona de Europa¡¡¡”

  1. un de tordea di:

    noraboa Aida!!!
    e grazas por levar o nome da nosa terra polo mundo adiante…eres un orgullo para todos.

    agora con stes precedentes fágome unha preguntiña… que sería da seleción española sen os duatletas/triatletas galegos???

  2. ahí estamos!
    que orgullo de irmá que teño… estou chea de alegria, agora, o venres marcha para vancouver, a ver se ten sorte e lle van ben as cousas! 🙂
    esta guai esto de ter unha irmá famosa! 🙂

    bico*

  3. un de tordea di:

    ah si… vancouver…pra lo da vaqueriza..xa me sona de aljo o lugar…boas filloces a do sitio.
    un bicaso tamén pra ti Iria.

  4. Tino di:

    Menuda esta Aída¡¡¡ Que grande¡¡¡ E non me extrana que esteas orgullosa, saiu en todolos periódicos de galicia¡¡¡

    Muita sorte en vancouver, e a pola medalla¡¡¡ Supostamente favorecea o feito da natación, pero veremos se non se desfonda na carreira¡¡¡

    P.D.1 Se puxen algún erro nalgunha da información que din, facédemo saber¡¡¡

    P.D.2 Sip, despois da vacariza, está Masoucos, e logo xa ven Vancouver e Foguentelle¡¡¡

    Bicos e abrazos a esgalla¡

  5. un de Castroverde di:

    ¡¡¡¡¡ animo Aida !!!!!! que se note que eres de Castroverde
    recordate cando o profesor de gimnasia te suspendia porque non eras boa
    ¡xa lle gustaria a el estar a altura das tuas zapatillas! Demostralle que podes ser a mellor do mundo.
    Sorte en Vancouver

  6. Tino di:

    Aí, aí¡¡¡ que se note que é de Castroverde. Cando lle dará o recoñecemento o concello? A mellor deportista que ten…
    É eso certo? Como se chamaba o profesor? Era Ángel, non?
    A por todas Aída, e sorte¡¡¡¡