Este próximo domingo, día 4 de maio, Castroverde acolle a quinta e última proba do campeonato de España Duatlón Cros.
Esta carreira está organizada pola FETRI (Federación Española de Triatlón) , http://www.triatlon.org/, e FEFEME Triatlon Miño.
A proba constará de 6 km de carreira a pe ao redor da Ermida do Carme, 20 km de bicicleta e para finalizar, de novo 3 km máis a pe.
A saída será para as 10.45, a categoría femenina, e para as 11.30 a masculina. Os favoritos en cada unha das categorías son: a boliviana Agnes Kay Eppers (Cidade de Lugo Fluvial) e a aragonesa Yolanda Magallón (C.P. Mayencos); o barcelonés Victor Manuel del Corral (Inverse Ditec T. Vilanova), actual campeón de España, e o manchego Santiago Arnés (BH Axarquía-Colegio Añoreta).
A Copa de España Sport Life de Duatlón Cros 2008 é unha competición por puntos, na que o Campeonato de España puntúa máis co resto de probas. Farase unha clasificaión individual en cada unha das categorías, e outra por clubes.
Coma sempre as revistas Sport Life, Runner’s World e Bike estarán no evento para levar unha cobertura especial da proba. Ademáis publicarei en directo os tres primeiros clasificados de cada unha das categoría neste mismo blog. E para a semana que ven, tamén estarán dispoñibles as fotos do evento.
Onte, como ven sabedes, celbrouse o campeonato que nos cita ¨Tino¨.
Eu en primeira man……cito que o conxunto lucense logrou un título e cuarto subcameonatos en individuales, Ademais de quedar terceiros co equipo feminino!!!!!! (lino na prensa)jejejejeje.Unha fai o que pode
Graciñas a neliña, por esta información de primeira man. Ao final os resultados podíanse seguir pola web da federación.
Por outra banda, Estou a escribir unha entrada sobre o duatlon cross celebrado en castroverde, e como non as fotos que poderedes ver en flickr.com/masoucos
Un saúdo¡