[lang_en] I am sorry, still this option is not available. If you are interested, this proof: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]
[lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas.
También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl] Unha xogada, un gol e catro (4) expulsados.
Un partido raro, moi raro. Nos primeiros minutos un gol de Tino, no saque dun corner perfecto o centro do área fai que a SD Castroverde se adiante no marcador. O partido parecía que ía tranquilo, con ataques para os dous lados, pero pouca pegada.
O partido esmorecía e o colexiado colle o protagonismo. Así comeza expulsando o adestrador visitante por decirlle, según consta en acta ‘Non sei que carallo ves pitar aquí’.
O baleira seguía o seu, e conseguei demasiado premio nunha falta lateral sin aparente perigo, que non logra despexar ningún defensa nin o porteiro, e entra directa na portería local. Empate a un tanto e moito partido por diante.
Na segunda metade o mesmo guión, pouco perigo en ambas áreas e pouco demostrado por ambos conxuntos. O colexiado recobra o protagonismo, nunha xogada clarísima e pouco compresible, na que o balón sae totalmente da raia de fondo. Todolos xogadores se quedan parados, ata os rivais, ata que o xogador rival, volta a coller o balón de fora do campo, e cun pase atrás marca o segundo. Inexplicable a decisión, que costa ademáis tres xogadores o equipo local, polas diversas protestas. Primeiro do capitán, Pereira, e logo de Albino, e máis de Héctor. Tamén mostrou a segunda cartulina a Richard, máis non anotou nin mostrou a tarxeta vermella. Ante esto os xogadores rivais, incrédulos pola sangría feita.
Con oito xogadores, o máis probable era unha derrota abultada, pero contrariamente non sucedeu esto. O Baleira foi un equipo vulgar, que non creou máis perigo. Incluso se puido ir con un empate, xa ue javi tivo nas súas botas o empate logo dun man a man co porteiro que se lle foi demasiado escorado.
A eliminatoria sigue viva. Para a volta, máis emoción.
Castroverde: 1.-Chino, 2.-Manolo, 3.-Óscar, 4.-Pereira, 5.-Edu, 6.-Héctor, 7.-Albino, 8.-Tino, 9.-Gelo, 10.-Richard, 11.-Javi. Tamén xugou co César.[/lang_gl]
Tags: baleira, Concello de Castroverde, Copa diputacion, lugo