[lang_en] I am sorry, this option is not yet available. If you are interested, you can try this one: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_en]
[lang_es] Lo siento, no es posible ver el blog en español. Puedes colaborar en su traducción si lo deseas. También puedes ver el blog, en versión original haciendo clic: http://masoucos.blogaliza.org/lang-pref/gl/ [/lang_es]
[lang_gl]Ando a buscar, realmente non sei mui ben o qué, so sei que busco unha obra de Manuel “Castro Gil”, grabador, pode ser que chame “Corredoira”, ou tamén “Ermita Galega”, creo que “Iglesia de Masoucos”, pero certamente non o sei, pero, a pregunta é? Onde podo seguir buscando? A miña última pista lévame ata o Museo Provincial de Lugo, aínda que quizais me gustaría ver antes dous libros como son: Manuel Castro Gil : apuntes para una biografía del aguafortista lucense e tamén Apuntes para una Biografía del aguafuertista Lucense/Lopez Acuña, Antonio. Non vai poder ser, non os atopei.
Rebusquei na rede, e pouco máis puiden atopar máis ca algunhas imaxes das súas obras, dúas subastas, unha en Fernando Durán e outra en TodoColeccion, pero tampouco, cheguei demasiado tarde. Pero ahí non rematou a miña busca, tamén seguin tirando polo Museo Municipal de Vigo “Quiñones de León” de Vigo, que tamén dispón na súa colección dalgunha das súas obras; a busca foi en balde.
Tamén na páxina web da residencia csic, e na colección caixanova, da que saquei algunhas das imaxes. Creo que este viernes toca ir o Museo deLugo, para poder avanzar neste enigma, que quizais estea xa resolto, pero que eu non vexo.
Un pequeno resumo de quen foi Manuel Castro Gil (Lugo el 20 de xaneiro de 1891, e falece en Madrid no ano 1961), o gravador galego por excelencia, a máis alta cota de fama. Despois de pasar como alumno polas mans de Manuel Fole, unha bolsa de estudios da Deputación provincial, permítelle marchar a Madrid en 1917 para esguir formándose na Escola de San Fernando, na que pode observar a Ferrant Vera, Muñoz degrain, etc.
Despois dese inicial contacto, busca axina algún traballo seguro, como é a Fábrica de Moeda, de maneira que moitos dos billetes que de alí saíron levan o seu selo persoal.
Tres anos depois de chegar a Madrid, en 1920, consegue o segundo premio no concurso de gravado do Círculo de Belas Artes coa súa obra “IGLESIA DE MASOUCOS”, e en 1922, a segunda medalla de gravados na Exposición Nacional de Belas Artes, ca súa temática máis representativa, ruínas, paisaxes, mosteiros. En 1924 de novo leva a segunda medalla na Nacional de Belas Artes pola obra “Cidade Castelá” e pouco despois (1925), o primeiro premio no concurso nacional de gravado por “Tierras de Santa Teresa”.
Consolidado xa, con estes premios a Xunta para Ampliación de Estudios, antecedente o Consello Superior de Investigacions Científicas, concédelle unha bolsa de estudios para viaxar a París.Despois da xira por París e Bélxica, onde mostra o seu excelente talento, regresa a Madrid, pero volve pouco despois a Londres. E continúa por Nova York, México, A Habana, Bos Aires. Dende 1934 é profesor da Escola Nacional de Artes Gráficas. En galicia é nomeado correspondente das Reais Academias de Belas Artes do Rosario e da galega.
Castro Gil, fai entón un repertorio de lugares galegos, onde destaca o “Portico da Gloria” compostelán.
Morre en Madrid no ano 1961, con 70 anos. Cede tódalas ferramentas do seu taller privado e numerosas pranchas a cidade de lugo, que se poden ver no Museo Provincial.
Ademais, a primeira imaxe que podes ver nesta anotación, e da obra de www.wenceslaofernandezflorez.org, a primeira imaxe do bosque animado, que despois pasaría o cine. Podes ver máis obras de Manuel Castro Gil en: http://212.51.58.68/sid/2/067/alfa.mosaico.p01.htm
E estaredes a preguntarvos cal é a relación que nos une, pois é que hai un gravado chamado Iglesia de Masoucos, feito por él… que atopei por google books…, casualidades, buscando Masoucos… coma sempre![/lang_gl]
Tags: Aguafuerte, lugo, Manuel Castro Gil, masoucos
“Era retratista” podo chegar a imaxinar esa profesión, máis non sei ben que é, explícama mellor.
(para un algo ignorante).
bueno, xa é a segunda ves que escribo esto, o outro texto non sei onde carallo foi. bueno que era para suxerir un deseño na páxina. por observación só doutras páxinas, non por ser entendido creo que quedaría ben a visualización dos textos no centro da pantalla e as duas columnas que agrora vexo a miña dereita unha a cada lado dese texto… nunlado o dos comentarios e outras cousas e noutro os enlaces para os textos..etc. tamén quedarái ben que os enlaces foran despregables non che parece…
só son suxestións
e falta a gran foto de entrada
Era retratista? Eu puxen eso? Dime onde o escribín… que non o atopo.
Era gravador… que si, non puxen enlace para a definición de gravador, eso é certo.
Retratista, supoño que será o que retrata paisaxes, persoas, situacions, pero non me acordo muito deso, quedan xa cada vez máis lexos as clases de historia… asique non che podo solucionar nada.
Xa sei porque se che perden os textos…, estou eu a modificar o texto da anotación o mesmo tempo que ti intentas publicar un comentario…, e bloqueo o acceso…, perdón, toda a culpa é miña¡¡¡¡¡¡ Unha cousa que podes facer, é copiar o texto cando remates de escribilo, así se non se publica, pegas de novo e xa está…, é unha idea, sobre todo se é mui largo.
Con respecto o formato do blogue… é unha opción sip…, bastante común por certo, pero creo que é so mentras non te acostumbras o deseño. Así polo menos A Fiestra de Masoucos, é un pouco distinta o habitual formato que viche 20 veces antes por ahí.
Os enlaces despregables? Non entendo, podesme explicar mellor eso? Que os enlaces se puideran previsualizar? ¿?
A gran foto de entrada, eso que todo o mundo reclama… poder identificar o blog cunha imaxe, certo é que estou a traballar nesa idea, que xa me reclamaron máis lectores. É unha boa idea, asique tentarei facelo canto antes.
Están moi ben as ‘suxestións’ que me facedes chegar, estou flipando¡¡¡ É unha pasada!!!! seguide así, que de seguro poderedes ler un bo blog, o blog da Fiestra de Masoucos¡
Un saúdo.
pois eu atopei o libro ” Apuntes para una Biografía del aguafuertista Lucense/Lopez Acuña, Antonio” na biblioteca xeral…e algun máis relacionado..
entras na páxina da USC e nela en servizos, baste á biblioteca (BUSC) e alí buscas por palbra clave o nome do autor e sae ese libro… estará por santiago…
E non me podes pedir ese? ou algún outro relacionado?
No teño carnet da USC…
Que grande¡¡¡