Gaiteiro, Guerreiro ou “Galiteiro”?

2008
08.28

Galiteiro, guerreiro, gaiteiro?

Seguro que non é a primeira vez que se abre o debate, gaiteiro ou guerreiro? Este é o tema do que se fala no blog Camino de Piedra

Esta foto, sacada do blog de Manuel gago, pertence a o actual emprazamento do “galiteiro”. Esta figura non está no seu lugar orixinal (por como está labrada a pedra), e o máis probable e que chegara alí dalgún outro lado, cousa moi común por outra parte; Pero a pregunta é ¿ónde estaría antes? Parece o dintel dunha fiestra ou unha porta, ou dunha capela, pero… ¿que fai un gaiteiro nunha capela? Ou xa postos a , ¿qué fai un guerreiro na porta dunha capela?

Pode que recorde ós gaiteiros medieváis das Cantigas de Santa María?, nalgunhas iglesias atópanse esculturas de gaiteiros… pero virá o tema por ahí? Aquí a figura mediaval. Comparen xuzguen e apostan por unha teoría. Se é a certa moito mellor.

gaiteiro mediaval

Tags: , , ,

7 Responses to “Gaiteiro, Guerreiro ou “Galiteiro”?”

  1. Lu di:

    pois…………………. despois d muito pensar….. aposto xlo guerrilleiro (Ainda q teña mais pinta de jaiteiro) 🙂

  2. Millan Fernandez di:

    Lu abriu a lata!!E apostou forte, pero eu case que tamén estou con el(ou ela).

    Si que é un vello debate. E hai opinións para tódolos gustos e argumentos que parecen lóxicos tanto por un lado coma polo outro.

    A teoría de que é un “gaiteiro” pode ter certa base se temos en conta que os motivos ornamentais litográficos que aparecen ó pé das Cantigas de Afonso X, representan a eses intérpretes da cornamusa (que se considera precursora da gaita galega).

    Agora ben, ¿en que sustentamos (a falta dunha documentación explícita sobre a materia) ,dunha maneira inequívoca para validala teoría, que efectivamente o traballo na pedra se basa nesas imaxes feitas alomenos 300 anos antes da construcción do castelo??

    Se provén doutra edificación onde se glorificase, ata a perpetuación, a este tipo de xoglares ou músicos deberiamos de deducir que o Señor que a introduxo tiña preocupación e sensibilidade artística…sería bo contar coa axuda dos Amigos do Patrimonio ou dalgún arquivo histórico para poder contrastala hipótese, se é que houbese información ó respecto.

    Eu case me decanto pola opción do guerreiro, tendo en conta que naqueles tempos tan axitados e conflictivos, ademáis de escuros, se tendía por regla xeral, a exaltar máis as virtudes guerreiras cas artísticas e, tendo en conta que saluda ós visitantes dunha fortaleza defensiva, parece máis lóxico decantarse por esa opción, aínda que teña máis de romántico pensar na outra.

    A verdade é que a simple vista, parecese moi moito a un gaiteiro, pero tamén se pode pensar que vai “equipado” con ferramentas de loita como unha espada, un casco ou un escudo….Non sei, a verdade é que é interesante o debate. Pero se hai que apostar, decántome polo guerreiro a risco de perdelos cartos.

  3. Tino di:

    Pois seguirá habendo dilema. O que si está claro e que non está no seu lugar de orixen. Despois o de guerreiro ou gaiteiro… xa está máis complicado de ver. Non me olvido do tema… e sigo con elo.
    Seguro que hai un explicación todo esto!!!!

    Millan, maís romantico si que é, por eso me decanto por esa opción, jejeje. e creo que vas perder eses cartos que apostaches, que era… unha caña?

  4. Millan Fernandez di:

    a aposta merece algo mais forte…propón.

  5. Xabier Pérez Igrexas di:

    Eu tamén digo Gaiteiro!

    Orgullo ghaiteiro!

  6. Lu di:

    millan… pa eso de el(ou ela) deixoche o outro alias: kalibriya/ kaly :p

  7. undetordea di:

    observando a imaxe…primeiro deduzo que podía tratarse dunha muller, pola vestimenta que asemella tal…. o da cabeza parece un casco…pero algo grande para ser medieval me parece…creo que puidera ser un pucho de palla, logo o que semella o fol (se fose gaiteiro), pero non debe ser pois vai diante, e non debaixo do brazo…non sei non sei, eu digo que é unha muller con dúas agullas xigantes calcetando no traxe do rei, ala tiña que soltalo!!!!