WELCOME TO THE DESPENSA. Por undetordea.

2008
09.04

Agora que van rematando as festas de verán vaise notando a diminución da carne das despensas. Si si, das despensas. Veñen eses madrileños e os parecidos na fala, que si lacón , xamón, chourizos, año, cabrito…todo papan e de todo gostan…-¡ Oztia que bueno tá esto!.

Vanse achegando por estas datas, e cando veñen non lles pode faltar de nada…veñen e danche unha palmadita na espalda para si poden sacarche as chaves da despensa.

O detalle é que ó chegaren, se lles ensina a ceba do ano que ben, dato de orgullo para calquer casa mantedora, e así eles xa se fan unha idea do que hai. E por suposto, o foráneo é unha raza sempre detallista, traen unha caixa de galletas variadas ou uns hoxaldres. Hoxaldres por xamón, ese si que é o troco do milenio!!!

Pero agora xa se vai dando outra raza de madrileño, o madrileño nacional. Si aquel galego, a maioría, queestá nos redores do pobo (periferia urbana) e sempre vai levando algo… – eh, este ano matamos catorcecochos… si porque agora os pequenos tamén levan algo

Xa xa, pero cando é de apañar as patacas nin deus aparece. Por esta razón eu sigo pensando que unha boa data para apañar as patacas, facer a vendima ou calquer outro traballo do tempo, tíñase que facer o día da festa.

Adicado con agarimo a toda a xente e seus descendentes, que algún día marcharon da terra, pero séguense lembrando dela. Presumide polo mundo de nós!!

Tags: , , ,

5 Responses to “WELCOME TO THE DESPENSA. Por undetordea.”

  1. Xabier Pérez Igrexas di:

    Parabéns pola entrada, excepcional. E o pior é que é verídica. Fixome rir moito, lembrando que de cativo cando ía a aldea os nenos matinabamos neso, ao ver como os curmáns de máis lonxe se puñan como cochos papando…

    Mágoa de tanto amadrileñado urbanita. E iso que eu son 100% Vigo 😛

  2. Lu di:

    OOOOOOOOOOOOOOOOLEEEEEEEEEEEE mais ben falado im-posible. si señó

  3. Millan Fernandez di:

    jajjaaj…bueniiismo. cantas verdades en tan pouco espacio.

    Os famosos seres Limpa-despensas andan soltos…….

    A cambio dánlle alegría ás festas…sempre está ben velos intentando bailala muiñeira ou intentando beber o mesmo cos daquí….canto disfrutan!!A unica rabia son aqueles poucos que veñen a criticalo todo ou a resaltar o “lonxe que estamos da civilizacion”.

  4. undetordea di:

    Moitas gracias Xabier, si, a magoa é que o urbanita nacional estase a parecer ó foráneo, pero contigo sei que Vigo terá esperanza de seguir en pé..jajajajaaja

    Como xa dixen, vai adicado a eles, e non con sarcasmo, como dis Millan, danlle vida ás festas, ós nosos pobos, ás corredoiras…ó fin llo cabo, teñen algo noso, e penso que cando marchan de volta pra casa, danse conta que pro ano teñen que volver.

  5. Tino di:

    Eu cando queiras vouche vendimiar sen problemas os días que fagan falta e facemos outra festa… a de agosto xa vou. Por certo, temos unha vendimia pendente máis alo do monte aquel entre taboada e portomarín. Xa me contarás.
    Po ano que ben terei que decir eso de “Oztia que bueno tá esto!.”

    Ahhh, os de aquí eso de levalos a ver a facenda, nada de nada. 😉