Comezo sufrido

2008
09.15

SD CASTROVERDEPhotobucket

Comezo moi sufrido o da SD Castroverde, no campo das gándaras e contra un rival moi correoso, o Garabolos.

A pesar do bo inicio de partido, coa total posesión do balón, pero creando pouco peligro na porta rival. Aínda así unha xogada polo centro acaba en gol, logo dun disparo de Carlos, no primeiro disparo entre os tres paos.

Cando parecía que o partido xa se poñía de cara, e comezaba a dar síntomas de irse do partido, un balón moi largo, moi pasado que recolle o dianteiro sen ningún peligro aparente, pero un penalti infantil de Juán, fai que consigan o empate.

Non deu tempo a máis na primeira parte, con moito calor. Continuou o partido, x ana súa segunda parte, co calor de novo protagonista o Castroverde continuou co balón pero sen crear moito peligro.

Nunha xogada aislada, o garabolos adiantase no marcador despois de que o disparo pegara nun defensa e superara por riba a chino, que pouco pudo facer. Co marcador en contra, e con moi pouco tempo para a reacción, o equipo foi capaz de sobrepoñerse, e marcar nese último cuarto de hora 2 goles, que deron a volta definitivamente.

O primeiro despois de un penalti sobre Gelo, que non transforma Carlos, pero o rechace favorece o Castroverde, que cun centro dende o fondo, marca o empate. E un par de minutos despois, de novo Carlos, cun disparo lonxano, que o porteiro non ve, fai que o castroverde consiga a victoria definitiva. Xa pouco lle quedaba o partido, e o garabolos non foi quen nin de achegarse.

Primeira victoria a domicilio da temporada, moi importante e sufrida para pelear por estar arriba. O sábado de novo a domicilio, viaxe ata monforte.

Castroverde: 1.-Chino, 2.-Óscar, 3.-Manolo, 4.-Javi, 5.-Juan, 6.-Pereira, 7.-Albino, 8.-Carlos, 9.-Héctor, 10.-Richard, 11.-Carlos. Tamén xogaron: Gelo, Iván, Toño, e Tino.

Resultados
Lucense – Antas 1 – 3
Portomarín – Río Sil 0 – 1
Friol – Sagrado Cr. 1 – 2
Rubián – Lugo 1 – 0
Calasancio – Muralla 1 – 2
Garabolos – Castroverde 2 – 3
Comercial – Pradeda 2 – 2
Guntín – Oural 1 – 4

Clasificación:

Equipo X G E P GF GC Ptos
1. Oural 1 1 0 0 4 1 3
2. Antas 1 1 0 0 3 1 3
3. Castroverde 1 1 0 0 3 2 3
4. Muralla 1 1 0 0 2 1 3
5. Sagrado Cr. 1 1 0 0 2 1 3
6. Río Sil 1 1 0 0 1 0 3
7. Rubián 1 1 0 0 1 0 3
8. Comercial 1 0 1 0 2 2 1
9. Pradeda 1 0 1 0 2 2 1
10. Garabolos 1 0 0 1 2 3 0
11. Calasancio 1 0 0 1 1 2 0
12. Friol 1 0 0 1 1 2 0
13. Lugo 1 0 0 1 0 1 0
14. Portomarín 1 0 0 1 0 1 0
15. Lucense 1 0 0 1 1 3 0
16. Guntín 1 0 0 1 1 4 0
Próxima Xornada
Antas-Guntín
Río Sil-Lucense
Sagrado Cr.-Portomarín
Lugo-Friol
Muralla-Rubián
Calasancio-Castroverde
Pradeda-Garabolos
Oural-Comercial

Tags: ,

Comments are closed.