Resultados
Sagrado Cor. – Lugo 5 – 1
Río Sil – Muralla 1 – 1
Antas – Castroverde 1 – 4
Lucense – Pradeda 1 – 4
Portomarín – Oural 1 – 1
Friol – Comercial 2 – 3
Rubián – Garabolos 3 – 1
Guntín – Calasancio 1 – 2
Próxima xornada
Lugo-Guntín
Muralla-Sagrado Cor.
Castroverde-Río Sil
Pradeda-Antas
Oural-Lucense
Comercial-Portomarín
Garabolos-Friol
Calasancio-Rubián
CLASIFICACION | X. | G. | E. | P. | G.F. | G.C. | Ptos |
---|---|---|---|---|---|---|---|
1. Sagrado Cor. | 7 | 6 | 0 | 1 | 17 | 6 | 18 |
2. Río Sil | 7 | 4 | 3 | 0 | 9 | 3 | 15 |
3. Calasancio | 7 | 4 | 2 | 1 | 17 | 6 | 14 |
4. Oural | 7 | 3 | 4 | 0 | 15 | 9 | 13 |
5. Muralla | 7 | 3 | 3 | 1 | 15 | 7 | 12 |
6. Comercial | 7 | 3 | 3 | 1 | 17 | 16 | 12 |
7. Rubián | 7 | 3 | 3 | 1 | 11 | 10 | 12 |
8. Castroverde | 7 | 3 | 1 | 3 | 13 | 9 | 10 |
9. Portomarín | 7 | 2 | 3 | 2 | 7 | 7 | 9 |
10. Friol | 7 | 2 | 2 | 3 | 11 | 10 | 8 |
11. Antas | 7 | 2 | 2 | 3 | 14 | 15 | 8 |
12. Garabolos | 7 | 2 | 1 | 4 | 12 | 14 | 7 |
13. Pradeda | 7 | 1 | 4 | 2 | 10 | 12 | 7 |
14. Guntín | 7 | 0 | 3 | 4 | 6 | 14 | 3 |
15. Lugo | 7 | 1 | 0 | 6 | 5 | 22 | 3 |
16. Lucense | 7 | 0 | 0 | 7 | 6 | 25 | 0 |
Copio e pego a crónica do fotolog, da SD Antas, un bo resumen do acontecido no partido. Correxin algún erro, e maticei algunha cousa, como o dos incidentes nos aledaños, no que naide da SD Castroverde tivo relación.
SD ANTAS: Raúl, Barrio, Carrera (Senande, min 75), Chin, Revivo, Nando, Díaz, Adrián Antas, Víctor (Robert, min 75), Chiqui Taboada (Chiqui Antas, min 46) e Gavi (Juan Carlos, min 63)
Castroverde: Marcos, Bruno (Óscar, min 88), Juan (Rivas, min 80), Pereira, Javi, Pin, Albino, Héctor, Carlos, Richard (Tino, min 80) e Ángel (Cabana, min 70) (Teijeiro, min 73)
GOLES:
0 – 1 Richard ; 1-1 Víctor; 1- 2 Richard; 1-3 Albino; 1 – 4 Tino.
Amonestacións: EXPULSADO; Adrián Antas (ANTAS) e Héctor (CASTROVERDE)
Partido correspondente á séptima xordana do campeonato de Liga en Terceira Autonómica no grupo 13.
Terceira derrota da SD Antas no campionato que fai que perda pouco a pouco as opcións de ascenso a Segunda para o próximo ano.
Primeira derrota na casa nesta temporada e serio correctivo ós de Chin que se presentaban coas baixas de Diego, André e Brais para o duelo cun Castroverde lanzado que consigue a súa segunda victoria consecutiva e adianta na clasificación á SD Antas.
O partido comezou fulgurante por parte visitante, enchufadisimo o Castroverde non tardou en acercarse ós tres paus locales hoxe defendidos por Raúl, numerosas ocasións e cerca do minuto 8 chegaba o primeiro da tarde. Gran gol de Richard desde o borde da área que superaba a Raúl.
A SD Antas tentaría facerse co control do partido, e en canto empezou a trenzar algún pase chegaron as ocasións e así nun centro desde a esquerda de Chiqui Taboada cabezeaba Víctor á rede e empataba o partido no minuto 19. (Foi dun saque de banda… e creo que non hoube centro, e o gol precido dunha man clarísima, que fixo que a defensa se quedara plantada).
A partir de ahí chegou a pintoresca actuación do árbitro que suspendeu o partido á media hora ó non ser capaz de olvidarse da grada e sentirse agredido cos comentarios desta. O encontro tardou 20 minutos en reanudarse e nese cuarto de hora que faltaba o Castroverde conseguiu o 1-2 nun pase á espalda da defensa de Ángel e que Richard aproveita quedandose solo ante Raúl e batindoo por baixo, corria o minuto 40 da primeira parte.
O Antas saliu noqueado dos vestiarios…como fai sete días e esto acompañado da pintoresca actuación arbitral que se inventou a expulsión de Adrián Antas no minuto 61 e tamén expulsou a un xogador visitante de forma rigurosa no 65.
Así cos equipos en inferioridade igualada, o Antas comezou a chegar a área de Marcos con ocasións e acercamentos e algunha xogada polémica que se podería convertir en pena máxima sobre Robert e sobre Chiqui Antas.
Co Antas volcado chegaba a contra do Castroverde que transformaría dous tantos máis, unha mala salida de Raúl deixaba a Albino o 1-3 nunha contra rápida, e un rexeite de Raúl e o 1-4 de Tino. Despois sucederon incidentes nos aledaños do campo, total que o mellor do partido é que rematara e solo queda pensar en volver a coñecer a victoria e sumar para non despegarse máis.
oooooooooooooleeeeee¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡¡ animo animo, q esto colle carrerilla, ahora sí, non frenarse d golpe contra os seguintes, q tan algo arriba na táboa, ir con xeitiño 😀 jeje saludos castroverdenses
aí, aí non frenarse!!! pero aínda queda muito para chegar o primeiro da clasificación!!
saúdos!
Saudos dende o Rio Sil e sorte no resto da liga. vemonos na segunda volta