Parque Eólico de Puñago-Masoucos. Si? ou non?

2008
11.11

O proxecto que modificará ás nosas paisaxes con novos parques eólicos continúa o seu curso. Así antes de que o decreto da Xunta para regular os parques eólicos saia a luz, duas empresas van contar con novos parques a marxe dos que se adxudiquen por parte da Consellería de Innovación e Industria. Unha delas é Endesa, a través da súa filial de enerxías renovables e a outra firma é Estela Eólica, que xa só están a espera das declaracions de impacto ambiental por parte do Ministerio de Medio Ambiente para obter o permiso de instalación nas provincias da Coruña e Lugo.

Xa pasaron incluso a fase de exposición pública e de alegacions, e unha vez aprobada as declaracions de impacto ambiental, serán devoltas para proceder a súa autorización administrativa polo minesterio de Industria.

Os promotores, que levantarán unhos dez parques o longo duns vinte concellos galegos, non so apuraron os tempos, senón que utilizaron todos os seus recursos para non estar baixo o decreto galego da Xunta.

Endesa ten solicitado uns 236 megavatios, mentras que Estela Eólica suma 104(so na provincia de lugo) a repartir en dous parques cunha potencia instalada de 52 megavatios cada un. Outra das pegas que se poñen a estes parques, son as súas dimensions, moito maiores que os proxectados para os futuros, ademais de non dispoñer de axuda ou subvención algunha. Aínda así os promotores saenlles os números, segundo din, por exemplo, dende Estela Eólica.

Todos os proxectos solicitados polas compañías oscilan entre os 80 e os 164 megavatios por parque. E precisamente o proxecto de Becerreá, que afecta a terreos dos municipios de A Fonsagrada, Becerreá e Baleira, multiplicará por tres a potencia e as dimensions de cualquera parque proxectado para os próximos anos.

Os proxectos

– Endesa en Lugo: parques San Sebastián, Punago Sur(nos montes de Masoucos e Puñago), Becerreá e Penas Altas, cunha potencia conxunta de 384 megavatios. Estes parques están nos municipios de: Carballedo, Chantada, Castroverde, Baralla, Baleira, Becerreá, A Fonsagrada, Paradela e O Saviñao.

Estela Eólica en Lugo: parques Chao do Carmelo e O Acevedal, cunha potencia conxunta de 104 megavatios.

Despois da instalación do parque eólico do mirador, na serra de pradairo e o mirador, que opinión tes sobre os parques eólicos? cres que favorecen para o desenvolvemento do concello, crees que esa é a desculpa para a súa instalación, ou pensas que son monstruos que fan que a paisaxe e o habitat queda estropeado? E ti, non pensas decir nada a todo esto?

P.D. A quen pertence a xestión dos beneficios deses parques?

Tags: , , , , , , ,

8 Responses to “Parque Eólico de Puñago-Masoucos. Si? ou non?”

  1. Millan Fernandez di:

    Buf, eche un tema complicado. Desde o meu punto de vista hai argumentos válidos para defender unha e outra postura, o dificil seria concilialos intereses e o obxectivo ultimo deberia ser que, como dis ó final, os posibles beneficios redundasen no noso concello, xa que se poñen terreos a disposicion, etc…
    Non me refiro solo os economicos estrictamente, falo en termos tamén de emprego, etc…
    O caso eq producen impacto medioambental diga oq diga o informe pero ó tempo, son enerxia limpa e eso é de por si, boa cousa (pensando no ben xeral, non só do Concello….)
    Estratéxicamente Castroverde podería decantarse por explotar este asunto, pero non só no tema eólico, tamen en enerxia solar, etc…Está claro que os eólicos non son demasiado agradables á vista, sobre todo si empezan a multiplicarse indefinidamente e ademáis, ocasionan desperfectos na fauna, etc…Haberia q evaluar canta capacidade poderiamos soportar, se os q hai son xa suficientes ou non, etc…con informes de tecnicos independentes.
    E como dixen, creo q haberia que esixirlles cando menos, unhas garantías mínimas a quen os instala (sexa ás empresas ou á Xunta) para que redunde na actividade do Concello.
    En definitiva, por min si, pero controladamente e con condicións estrictas.

  2. undetordea di:

    Estou dacordo co comentario que me precede, un tema delicado…Parece que este tipo de enerxías supoñen unha alternativa á producción enerxética convencional e a consecuente emisión de gases perxudiciais para a sostibilidade do planeta. A parte desto está o enriquecemento que algún grupo ou persoas individuais están a percibir por un ben que se supón de todos (recursos naturais), ou polo menos de quen posúe a tenencia das terras dende onde se fai dito aprovitamento. De seguro pensades que si non fose un negocio como outro (coma o do petróleo por exemplo) alguén lle ía interesar producir enerxía de maneira máis ou menos sostible?
    Dou tamén a miña opinión, xa deixando caer o anterior de máis ou menos sostible e que parecen enerxías alternativas, para indicar a pouca conformidade que estos termos me mostran. Por un lado están a de que son enerxías alternativas. Non estou totalmente seguro delo, pois co consumo sempre crecente de enerxía que temos, seríamos incapaces de subministrarnos enerxía con este tipo de fontes, ainda puxéramos tódolos montes a eólicos e placas solares. E o de sostible, a min paréceme que facer encoros nos nosos ríos, poñer placas solares sin ton nin son e eólicos por calquer camiño…non é totalmente sostible, e con esto non quero decir que non se deba tender cara eso, que si o apoio, pero tamén se debe mirar outras alternativas ou medidas que suplementen. Intento con elo levantar opinións sobretodo en contra do que relato, para darlle “vidilla á fiestra” jajaja. E para apuntillala decir que me parece moi interesante a alternativa que están a levar moitos países europeos que copian o modelo francés excedentaria en enerxía e que dende sempre apostou pola enerxía nuclear. Non emite ningún tipo de gas, moi eficiente energéticamente e xera empregos. Os residuos, está claro que ninguén os quere ó lado da casa, pero pódense buscar lugares adecuados. É unha opinión.

  3. Tino di:

    Pois eu tampouco me decanto por ningunha das dúas, pero vendo a experiencia do cercano parque do mirador, en bolaño e montecubeiro, se pensas nos empleos que xerou, e a nova actividade do concello diría que non. Non se reflectiu en ningún lado…

  4. O do muíño di:

    Ola, son novo nestes lares pero dende logo que a actividade de mensaxes é moi intensa.
    Un tema complexo este dos parques eólicos. Sen dúbida é unha enerxía limpa e aínda que con impacto, é a única que se pode sacar do noso concello (a menos que plantemos unha torre de 50 m. ó estilo das Pontes e pasemos a poder ter ata 5 ollos, jeje).
    Pero ten toda a razón Tino en canto a que eso debería repercutir na economía da zona, polo que unha posible solución sería esixir unha serie de contraprestacións por parte do que pon o terreo.
    Os pobos que teñen unha refinería, central térmica etc… teñen unha chea de beneficios para os seus veciños. Por suposto por elas mesmas xa teñen unha chea de inconvenientes que non teñen os campos de muiños, pero estaría ben esixir algo por moi limpa que sexa esta posibilidade.

  5. Millan Fernandez di:

    Pois si que e un tema complexo si….á vista está. Obviamente, como dice undetordea, habería que ter en conta tamén o impacto medioambental. Eso é obvio. Non podemos, a conta da “enerxía limpa”, desfacer o entorno natural.

    Eu decantaríame polo seguiente:

    1. Potenciar este tipo de enerxías si, pero controlada e progresivamente.
    2. Que os beneficios redundasen no pobo, non só nas empresas inversoras (porque os recursos son de todos, aínda que tamén, en teoría, o foran-sexan os combustibles fósiles, etc…)
    3. Contraprestacións para os que poñen a disposición terreos. Sexan privados ou publicos.
    4. Combinar estas accións racionais con outras medidas “verdes”: reciclado de aceites, de papel, residuos, etc…

    Por outra parte, penso que xa non se lles debe chamar “alternativas”, porque creo que todas elas son xa cada vez máis presente e o futuro (a alternativa), en combinación coa nuclear, ou a do helio-3, etc…(sempre coa máxima seguridade, eficacia e garantía)

  6. Tino di:

    “O do muíño” benvido!! Data unha volta de cando en vez, non se está mal na fiestra. Entrando en materia, e respondendo primeiro a millán…, non cres que esa postura e demasiado idealista e imposible de levar a cabo? Eu non vexo tales preocupacions nos políticos, que realmente son os que toman as decisions.

    E concordo totalmente con “O do Muíño” xa que certas compensacions por ter(manter) este tipo de aproveitamento dos recursos teñen contrapartidas aínda non vistas por aquí.
    E deixate, deixate de plantar nada…, estou contento cos ollos que teño, porque das ameixas que xa non se dan etc, etc, xa non falamos, non?

  7. Millan Fernandez di:

    Eu creo q o das ameixas ten que ver co cambio do clima…por eso mesmo hai q aprobeitar as posibilidades da enerxia verde….pa Castroverde(queda ben e todo)

    Respondendoche ó do idealismo…pode ser que sexa idealismo, pero as cousas antes de facelas, téñense que idear…..primeiro hai ue saber o que nos gustaría facer, e logo facelo…ou intentalo.

    Se “os politicos” non o fan, pois unha de dúas: ou se cambia por aqueles que si o farán ou nos metemos politicos e o intentamos.

  8. Tino di:

    Estou dacordo nunha cousa, en que alguén pensa as cousas antes en como se deberain de facer, pero o que as fai non é o que as pensa…
    É mui bonito vivir no idealismo, e en que todo se pode facer perfecto, pero non fai falta decir que non é así. O tema dos parque eólicos é un deles. Que proveito saqueremos como habitantes do concello manter unha estación eólica?

    Os políticos non poden contentar a todo o mundo, é evidente. Aínda que o voto de castigo debería ter máis presencia e ser decisivo en casi todalas eleccións. Se algo non o fas ben, probar un cambio. Os cambios non suelen ser malos de todo…

    Cando queiras metémonos en política!!! XXDDDD Vamos a intentalo. WE CAN.