América e Hiroshima puxeron a música e a xente as ganas de pasalo ben, mui ben(menos xente da esperada?). A organización coma sempre perfecta, e na que como di a Voz, colaborou unha vez máis Enrique da Casa do Zapateiro, publicista afincando en Barcelona que se encarga do deseño das camisetas, e tamén do regalo adicional deste ano, que consistía nun primeiro capítulo dun misterioso libro aínda sen rematar.
Este ano a temática que inspira a celebración xira en torno a enigmática figura da torre para reclamar a atención dos veciños, visitantes e as institucions e o respeto do valor histórico e artístico da edificación medieval. Deso e de outras moitas cousas tivemos a ocasión de falar con Enrique, tranquilo pero inquieto, cun mar de ideas que por veces aventáxante en anos e tamén en experiencia. Todo un placer coñecelo e compartir mesa!
E despois dete rollo, as fotos. Mañá o regalo extra… por se alguén non o leu… aínda!! e falta a crónica do Castroverde 3 – Guntín 1 que non ten sitio polo momento, xa veremos.
O próximo ano máis e mellor!!!!!
Tags: festa xuventude, torre, verbena, xente
Moi boa festa este ano!! Cada ano vaise mellorando!! Non?¿
O peor coma todos os anos o frío, pero eso non ten remedio!!
Saúdos
Gracias a todos por colaborar coa festa da Xuventude de Castroverde, en especial a Tacho por facer de esta páxina, un medio mais de publicidade e axudarnos coa festa. Pero non vos despistedes logo haberá novas noticias sobre o un proxecto que andamos a argallar e que empezou ca camiseta da festa.
Un Saudo. E mil gracias a todos……..
Pd.- Non me podo olvidar de Enrique, que non me canso de darlle as gracias gracias gracias…
Cada vez vai a mellor, eso está claro, o igual que as camisetas. Todo un luxo contar con Enrique, e cos seus deseños. As gracias de novo, como non. Na fiestra para eso estamos, e coma sempre, dispostos o que sexa necesario para todas esas iniciativas que andamos a argallar…
Gracias Manu! Se puideramos encher a fiestra de festas todos os días…